Pontevedra acolle o primeiro Festival de Artes Escénicas para bebés
Por Redacción
Será a primeira vez que os bebés conten cun festival de artes escénicas destinado a eles. Teatro, contos, música, danza e distintas actividades centran a programación do Primeiro Festival de Núbebes que se desenvolverá durante cinco días na Casa Azul, a Casa das Campás e o Teatro Principal de Pontevedra.
Andrea Bayer, coordinadora do Festival e o personaxe Roque, presentaron este novidoso Festival acompañados polas concelleiras de Cultura e Benestar Social, Anxos Riveiro e Carmen Fouces.
As propostas van dirixidas a bebés con espectáculos, sesións de conta contos, musicais e de actividades sensoriais nas que poderán participar, ademais dos máis pequenos, os pais e os avós. Ademais para os adultos e os docentes das escolas infantís desenvolveranse talleres de iniciación á linguaxe de signos, acompañamentos emocionais ou psicomotricidade.
Todas as actividades son de balde. Para os obradoiros de adultos é necesario inscribirse previamente a través do correo electrónico contacto@baobabteatro.com
Para o resto de obradoiros e espectáculos que contarán con aforamento limitado será necesario recoller o convite unha hora previa antes do inicio. Tras a inauguración no Principal o sábado 21 ás 12 h., a Casa Azul acollerá, nesa primeira xornada, o espectáculo teatral Zapatos e, posteriormente Celso Sanmartín realizará unha sesión de contose a partir das 20:30 horas. As actividades continuarán durante o día seguinte e entre o venres 27 e o domingo 29.