As 'Núbebes' volverán en 2014: o Concello confirma unha segunda edición do festival
Por Redacción
Tras dúas fins de semana cheas de actividade, o Festival das Núbebes chegou á súa fin. O seu éxito sorprendeu incluso ás concellerías de Benestar Social e Cultura, impulsoras desta iniciativa. E é que o primeiro festival de artes escénicas para bebés de 0 a 5 anos que se crea en Galicia tivo unha acollida espectacular entre as familias "e especialmente polos máis pequenos, a quen estaba dirixido", destacou Carmen Fouces.
As 30 actividades propostas polo Concello rexistraron "un cheo absoluto", de feito dende a Concellaría de Benestar quérese agradecer a paciencia das familias á hora de acceder ás actividades. Fouces recorda que o aforo era limitado porque os espectáculos estaban pensados para que todos os nenos asistentes puidesen participar deles, algo que non sería posible de ter auditorios máis amplos.
O Festival das Núbebes naceu con desexo de continuidade e a terá debido ao éxito desta primeira edición. "E porque así o amosaron as ganas de pais e nais, tamén dos nenos, por repetir esta experiencia e poder satisfacer a todas as persoas que non puideron acceder", sinalou a responsable de Benestar Social.
Carmen Fouces destacou tamén, no marco deste balance, que o Festival das Núbebes é "único" por estar pensado e dirixido aos máis pequenos da casa, e está inxerido dentro da oferta cultural "dunha cidade pensada para as persoas e, especialmente, para os nenos".
Relacionadas:
-
Festivaleiros dende o berce: As Núbebes xa están en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
A Praza do Teucro e Belas Artes, novos escenarios para a segunda edición do Festival das Núbebes
Por Alejandro Espiño |
-
Búscanse 'Nubebares' para colaborar na segunda edición do Festival das Núbebes
Por Alejandro Espiño |
-
Traca final do Festival Núbebes de artes escénicas para bebés
Por Redacción |
-
As 'Núbebes' instálanse en Pontevedra: comeza o festival de artes escénicas para bebés e familia
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra acolle o primeiro Festival de Artes Escénicas para bebés
Por Redacción |