A "vocación de universalidade" do Museo de Pontevedra
Por Redacción
O Edificio Sarmiento foi inaugurado este mércores despois de tres anos de obras. Á súa inauguración asistiron a ministra de Fomento, Ana Pastor; o presidente da Deputación, Rafael Louzán; o conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez; a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo; numerosos alcaldes da provincia e o director do museo, Carlos Valle, entre outros representantes de colectivos sociais e culturais da cidade. Ninguén do goberno municipal da cidade de Pontevedra asistíu ao acto.
Ana Pastor interveu na inauguración en representación do Goberno central e enxalzou o Museo como unha das institucións "más importantes en la vida cultural e histórica de Pontevedra" e como "parte de nuestra historia, del presente y del futuro".
A responsable de Fomento resaltou a "vocacion de universalidade" coa que está formulado o seu proxecto e deu renda solta á nostalxia para recordar unha conversación que tivo co director, Carlos Valle, "hace 14 anos", na que "hablamos sobre lo que podría ser este museo" e, década e media despois, se "alegra" do resultado.
Pola súa banda o conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, que tamén interveu na inauguración e sinalou que o Museo de Pontevedra "é unha institución esencial non só para a cultura e a sociedade pontevedresas senón para toda a cultura e sociedade galegas" e, como responsable autonómico de Educación e Cultura ve "un privilexio" que "a nosa terra conte cunha institución" como esta.
"ÿ algo máis que un museo", asegurou e incidiu no seu papel "a prol do desenvolvemento de Pontevedra e de Galicia", pois, ao seu entender, "o seu futuro vai ligado ao progreso e o desenvolvemento de Galicia como pobo". Deu trascendencia ás instalacións pontevedresas como "unha das grandes institucións culturais de Galicia e de toda España".
No seu discurso, o presidente da Deputación de Pontevedra valorou a culminación do proxecto de reforma do Museo de Pontevedra, e resaltou que esta inauguración pon o "broche de ouro ao gran proxecto de ampliación, consolidación e posta en valor" do que, ao seu modo de ver "é, sen dúbida, o máximo expoñente da historia, o patrimonio e a cultura da cidade e da provincia de Pontevedra". Veo como " o verdadeiro buque insignia do noso inxente patrimonio cultural e histórico" e destaca o seu papel como "motor de interacción entre a cidadanía e a súa historia".
Xactouse de que o Museo é a institución cultural con máis visitantes de Galicia tras a Catedral de Santiago e "máximo referente para a cultura e a investigación non só desta provincia, senón de toda Galicia e tamén fóra das nosas fronteiras" e resaltou a importancia dos fondos que alberga, pois "non habería lugar físico en toda esta cidade para poñer en exposición todos e cada un dos fondos que garda e conserva".
O presidente centrouse tamén nas particularidades do edificio Sarmiento que se acaba de inaugurar como "a mellor visión panorámica da nosa historia, un percorrido integral e cronolóxico polo que fomos e polo que fixemos" e agradeceu a presenza da ministra de Fomento no acto " porque esta é a súa cidade", pero, sobre todo, porque estas novas instalacións son "en boa medida, a súa obra,". "Sen o seu apoio e sen a súa implicación, este Museo non tería chegado a onde hoxe está", insistiu.
Nese proceso agradeceu a "implicación" de Ana Pastor e de Mariano Rajoy dende "cando ambos os dous formaban parte do Ministerio de Cultura". Grazas a eles, segundo Louzán, o Museo de Pontevedra "non tería chegado a onde está hoxe, nin a cidade que o acolle tería a imaxe que hoxe ten".
O acto de inauguración este mércores concluíu cunha visita guiada e a actuación do cantautor Amancio Prada, que interpretou, entre outras pezas, a Canción de cuna para Rosalía Castro, muerta dos Seis poemas gallegos de Federico García Lorca.