A Banda de Música de Salcedo e María do Ceo entusiasman cos seus fados na Ferrería
Por Redacción
Numerosos pontevedreses asistiron ao recital ofrecido pola Banda de Música de Salcedo coa participación da fadista portuguesa María do Ceo. O acto enmárcase dentro da celebración dos 25 anos da Asociación San Martiño que foi o berce para a creación desta banda.
O espectáculo ofrecido na Praza da Ferrería centrouse nunha fusión da música tradicional galega con letras en lingua portuguesa.
O próximo venres ás 21 horas, a protagonista será a Banda Cultural Salceda de Caselas que ofrecerá un concerto na Praza do Teucro.