Delafé e a Orquestra Os Modernos despiden as matinés do Principal
Por Redacción & Diego Torrado
Con dous concertos na mesma fin de semana. Así despediu Pontevedra a primeira edición do ciclo As Matinés do Principal. Ao escenario do teatro subiron Delafé e a Orquestra Os Modernos, que namoraron o público pontevedrés cos seus enérxicos directos.
Delafé, liderado por Óscar D'Aniello, presentou o sábado o seu último disco, La fuerza irresistible, un disco cheo de cancións memorables que consolidan a súa versatilidade, moi pouco común, con sons pop, hip-hop, soul, funk, electro ou disco.
Para o domingo quedou a xornada de clausura, protagonizada pola singular Orquestra Os Modernos, que fixo soar en directo os temas do seu primeiro disco Dissimulem!.
Todo iso co seu característico rexistro musical, que renova a esencia das noites de verbena e as mañás de vermú con bailes "como manda a última moda": foxtrot, baiao, chotis, habanera, tango americano, corrido, rumba, mazurca e mesmo o avant-garde twist, sen esquecer os ritmos máis tradicionais do noso folclore como a muiñeira ou a xota.
A banda estivo secundada no seu concerto por Espiño, o novo proxecto musical do inquedo músico compostelán Alfonso Espiño, líder da banda Los Chavales, que resultou recentemente gañador do certame Galicia Creativa da Fundación SGAE.
Relacionadas:
-
Guadi Galego, La Habitación Roja e The Posies, concertos das Matinés do Principal para este 2018
Por Anxo Lourido |
-
A forza irresistible de Delafé, próxima cita coas matinés do Teatro Principal
Por Alejandro Espiño |
-
De Vacas promete un concerto para rir e cantar nas Matinés do Principal
Por Redacción |
-
As matinés do Principal vibran co enérxico rock de The Sadies
Por Alejandro Espiño |