O Museo Manuel Torres de Marín acolle a exposición "Eu son miña"
Por Oskar Viéitez
O Museo Manuel Torres de Marín acolle a exposición colectiva sobre a muller "Eu son miña" que conta coa participación das artistas Estela Pérez, Anabel Montouto, Sara LaTouze, Nerea Mazorcas, Andrea Davila, Ana Puga e Sugnix.
Estas sete novas artistas abordan o feminismo desde diferentes puntos de vista.
A mostra recolle diferentes disciplinas artísticas, desde pintura ou fotografía, ata a escultura e técnicas mixtas.
Está promovida pola Asociación de Mulleres O Abeiro coa colaboración da Concellería de Igualdade do Concello de Marín e comisariada por Ana C. Domínguez, Sabela C. Ruibal, Gaxdaly Ameijeiras e Adela Caeiro.
A exposición poderá visitarse ata o próximo 30 de decembro.