O estudantado de Belas Artes invade o novo centro de saúde de Marín
Por Redacción
Unha ducia de alumnos da Facultade de Belas Artes expoñen estes días as súas obras polas tres plantas do novo centro de saúde de Marín.
A mostra, inaugurada na mañá deste venres, naceu como un proxecto para a materia Xestión, ámbito artístico e mundo profesional, que imparte Xosé Manuel Buxán, como tamén acontece con Eu son miña, a exposición comisariada por catro alumnas que ata finais de ano propón unha reflexión sobre a violencia machista no Museo Municipal Manuel Torres desta localidade.
"Os centros de saúde adoitan ser sitios bastante fríos e pareceunos que levar pezas artísticas a un espazo que ademais é novo podería ser algo interesante", salienta Jorge Santiago, un dos comisarios xunto con Juan Romero e Iago Torres da exposición que impulsaron coa colaboración da xerencia dos hospitais de Pontevedra e O Salnés e do decanato da facultade.
Pintura, fotografía, debuxo, serigrafía e mesmo escultura conviven deste xeito nunha exposición de carácter multidisciplinar que reúne os traballos de Ana Cabanes, Iván Graña, Alejandra Lago, Belén Liméns, Brais Romero, Ismael Salgueiro, Celia Sánchez, Irene Sanz, Eva Veiga e dos seus tres comisarios, que poderá visitarse ata o 13 de xaneiro.
Relacionadas:
-
Belas Artes intervén na Unidade de Coidados Paliativos do Meixoeiro
Por Redacción |
-
Tras rematar os estudos de Belas Artes "todo sigue o seu curso"
Por Redacción |
-
Os alumnos de Belas Artes fan unha plantación no patio central da facultade
Por Oskar Viéitez |
-
Exposición colectiva dos estudantes do máster en Arte Contemporánea
Por Mónica Patxot |
-
O Museo Manuel Torres de Marín acolle a exposición "Eu son miña"
Por Oskar Viéitez |
-
Alumnas de Belas Artes acuden ao Hospital Provincial para unha intervención... artística
Por Oskar Viéitez |