Nace o MarcON Rock Festival, o primeiro festival de música indie de Marcón
Por Redacción
Un novo festival de música ve a luz no Concello de Pontevedra. Trátase do MarcON Rock Festival, un evento que se celebrará na Casa Parroquial de Marcón o vindeiro sábado 12 de novembro, a partir das 21.15 horas.
Trátase, segundo os seus organizadores, do primeiro festival de música indie-rock que se celebra en Marcón. Está organizado polo equipo de fútbol Marcón Veteranos Dibay.
Nesta primeira edición, o festival contará coa presenza dos grupos La casa de los ingleses, Particle, Queco Lago e o DJ GG.
A entrada será gratuíta e haberá prezos populares para a comida e a bebida.
A apertura de portas do festival será ás oito e media da tarde e os concertos comezarán tres cuartos de hora despois.