PoioEscena aposta polos monólogos e por cinco novas obras ata decembro
Por Redacción
Co obxecto de dar difusión e fomentar as artes escénicas galegas en Poio, a concellería de Cultura e as asociacións ACDeM Armadiña, SCD Samieira e SCD Raxó organizan o II Concurso de Monólogos PoioEscena 2016.
O certame organízase no marco do ciclo anual PoioEscena e presentouno este xoves a concelleira de Cultura e Festexos, Lidia Salgueiro, acompañada dos representantes da Armadiña e da Cultural de Samieira, e explicou que nesta segunda edición vólvese apostar polo mesmo formato de anos anteriores e polo centro cultural Xaime Illa para acoller tanto as fases previas como a final, que terán lugar no mes de outubro.
Este xoves tamén deron a coñecer as obras de teatro do que resta de ano. Este mes de agosto a cita será o venres 26 ás 18.00 horas no casco histórico de Combarro co grupo Agarimo Teatro. Interpretarán a obra Breve-mente.
O 23 de setembro ás 20.00 horas Grupo Lúa Chea representará Reposo absoluto na casa do pobo de Río de Bois de Samieira; o 22 de outubro ás 21.00 horas a Aula de Teatro Municipal de Pontevedra porá en escena no centro cultural Xaime Illa Couto a obra Banqueiros; e o 27 de novembro a cita será ás 19.00 horas na casa do pobo de Río de Bois (Samieira) con Teatro Saco Roto e a obra Saco Roto.
O domingo 10 de decembro ás 20.00 horas rematará o ciclo con Fran Rei e Isabel Risco no local da comunidade de montes Regra dos Agros de Combarro, onde representarán Retrincos de Castelao.
Relacionadas:
-
Pinchacarneiro Teatro presenta a obra "L" nunha nova cita do ciclo PoioEscena
Por Redacción |
-
Poio Escena acolle este venres o segundo concurso de monólogos
Por Redacción |
-
Case 15.000 euros para mellorar as posibilidades escénicas do Centro Cultural Xaime Illa
Por Redacción |
-
'Falando de cartos', próxima cita do ciclo de teatro PoioEscena
Por Redacción |
-
Seis novas obras de teatro afeccionado porán o broche de ouro ao ciclo PoioEscena2015
Por Redacción |