Seis novas obras de teatro afeccionado porán o broche de ouro ao ciclo PoioEscena2015
Por Redacción
Cando aínda resoan en Poio os ecos da última función do ciclo PoioEscena2015, os seus organizadores desvelaron as seis obras que completarán esta oferta de teatro afeccionado entre os meses de agosto e setembro.
As pezas que se representarán son:
- Sábado 1 de agosto, Centro Cultural Xaime Illa (Raxó): Voda ou funeral?, do grupo de teatro Fonte da Tella.
- Venres 21 de agosto, Combarro: Entremeses entre masas, do grupo de teatro Medievándalos.
- Domingo 27 de setembro, Casa do Pobo de Río de Bois (Samieira): Idade de Ouro, do grupo de teatro Lúa Chea.
- Venres 30 de outubro, Centro Cultural Xaime Illa (Raxó): Tres, do grupo de teatro Enxebre.
- Sábado 21 de novembro, Comunidade de montes de Combarro: Traballos de amor perdidos, de Carauta Teatro.
- Domingo 27 de decembro, Casa do Pobo de Río de Bois (Samieira): Leóns de area, de Moura Teatro.
Todas elas teñen un prezo dun euro para os socios das entidades organizadoras -a SCD Raxó, a SCD Samieira e a ACDeM Armadiña de Combarro- e de tres euros para o resto do público.
Esta sexta edición de PoioEscena2015 segue tendo o mesmo obxectivo co que naceu que é fomentar o interese do polo teatro e contribuír á promoción e difusión das artes escénicas en galego, dando a coñecer o traballo feito en Galicia por grupos de teatro afeccionado.
Relacionadas:
-
PoioEscena aposta polos monólogos e por cinco novas obras ata decembro
Por Redacción |
-
Dame cuerda que Teatro presenta a obra "Os nenos perdidos" no ciclo PoioEscena
Por Redacción |
-
Tangatutanga Teatro estrea en Samieira o cabaré bíblico "Que Deus nos colla confesados"
Por Redacción |
-
Oito contadores de historias participarán no I Concurso de Monólogos de PoioEscena 2015
Por Redacción |