A batería de Naíma Acuña dá paso á Pontejazz Big Band na Ferrería
Por Diego Torrado
O espectacular ritmo da batería de Naíma Acuña no concerto ofrecido durante a noite deste xoves na Praza do Teucro onde se volveu a congregar numeroso público fiel á cita co Festival Internacional de Jazz deixa esta noite paso a outro dos espectáculos sonoros máis rechamantes desta importante cita musical, a actuación de Pontejazz Big Band. Será este venres a partir das 22.30 horas na Praza da Ferrería, escenario onde se desenvolverán os concertos principais do Festival a partir deste venres.
No concerto deste venres, Jesús Santandreu dirixirá a unha selección de músicos formados no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra que se subirán ao escenario acompañados de artistas internacionais da talla de Philip Dizack, Kyle Poole ou Dayna Stephens.
Cunha base rítmica, cinco saxofones, catro trombóns, catro trompetas, piano, batería, baixo e guitarra, a formación musical da Pontejazz Big Band ofrecerá temas cun corte moi actual e dinámico nun dos concertos máis esperados polos afeccionados ao jazz dentro do potente cartel desta edición.
Relacionadas:
-
Cécile McLorin pecha a 24 edición do Festival de Jazz
Por Diego Torrado |
-
Puro jazz con Antonio Sánchez e a súa banda Migration
Por Diego Torrado |
-
O "Rei Solomon" conquista Pontevedra
Por Diego Torrado |
-
Exitoso concerto na Ferrería da Pontejazz Big Band
Por Mónica Patxot |
-
O primeiro concerto do Festival Internacional de Jazz abarrota a Praza do Teucro
Por Mónica Patxot |
-
Sumrrá inicia un Festival Internacional de Jazz de alta categoría
Por Redacción |