Chega o mes da lingua cunha enchedela de actividades
Por Redacción
Decenas de actividades van desenvolverse desde este venres 29 de abril e ao longo de todo o mes de maio dentro da programación de 'Maio, mes da lingua'. A primeira actividade vaise levar a cabo este venres a partir das 20.30 horas na Casa da Cultura de Lérez dentro dos "venres culturais" cun recordo á figura de Manuel María. Trátase dunha charla a cargo de Loli Tobío sobre o escritor ao que se lle dedica o Día dás Letras Galegas deste ano.
Durante o sábado inclúese a final galega do Club de Debate no Pazo da Cultura e un obradoiro Apego sobre educar a menores de seis anos ofrecido pola psicóloga Cristina Fariñas.
O domingo, co inicio do mes, o concelleiro de normalización lingüística, Alberto Oubiña, levará a cabo a Festa dos Maios na praza da Ferrería a partir das 11.30 horas. A partir de aí, o luns 2 celebrarase o Correlingua e comezará na primeira semana do mes a XVIII Mostra de Teatro Ben Veñas, Maio, que dará paso ao Certame musical que se desenvolverá no Pazo da Cultura o sábado 7. Do 12 ao 14 de maio vai celebrarse o Galegote Rock, con grupos que realizan as súas composicións en lingua galega.
Oubiña destacou como un dos puntos principais de todas as actividades desta edición as dúas xornadas de "Unha praza, un libro". O día 9, o escritor Manuel Núñez Singala asinará exemplares de Camiños na auga na praza da Verdura mentres que o 19 de maio, nesa mesma praza, o autor e debuxante Miguelanxo Prado asinará exemplares do seu novo traballo, Presas fáciles. Tamén levarán a cabo sesións de cinema no Teatro Principal.
Todos os actos son gratuítos e a programación pode consultarse a través da web do Concello de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Aprender a resolver situacións coas crianzas buscando a felicidade
Por Mónica Patxot |
-
A música pon fin ao 'Ben veñas, Maio'
Por Redacción |
-
Teatro escolar en galego para celebrar o mes da lingua
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O berro unánime de 2.000 escolares: "O galego está en nós. Vivámolo!"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
O IES Xulián Magariños de Negreira gaña a final galega do Club de Debate; o IES Luis Seoane, terceiros
Por Redacción |