O fenómeno fan volve a Pontevedra con Calum
Por Diego Torrado
O fenómeno fan volveu ao auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra este sábado, con adolescentes entregadas de forma incondicional ao seu ídolo que non dubidaron en facer cola para poder velo desde os mellores asentos e non tiveron ningunha vergoña en portar pancartas para facerlle chegar as súas mensaxes, por moi persoais que eran.
O obxecto do seu desexo era, nesta ocasión, Calum, un mozo granadino de 13 anos que non decepcionou e meteuse ao público no peto.
O aforamento do auditorio non se encheu, pero a calor sentiuse no recinto, no que o público, fundamentalmente feminino, coreou as cancións deste mozo cantante que chegou a Pontevedra no marco do ciclo Sons Diversos para presentar unha reedición do seu novo disco, Hey Babe! Non faltaron os adultos, pois debían acompañaron aos menores de idade, que eran moitos entre os fans de Calum, pero estes quedaron nas últimas filas.
A experiencia deste mozo que leva desde os cinco anos no mundo da música notouse sobre o escenario, no que demostrou porqué logrou tanto éxito no programa televisivo La Voz Kids. Revolucionou á práctica totalidade do público cos 11 temas de Hey Babe!, entre os que hai cancións como a que dá título ao traballo discográfico, La nube en la que vivo, Contigo ou Go go.
Relacionadas:
-
'Immaculate Fools', colofón británico para o ciclo Sons Diversos
Por Diego Torrado |
-
Guadi Galego convence ao público pontevedrés
Por Redacción |
-
As 'Lúas de outubro e agosto' de Guadi Galego, o 7 de maio no Teatro Principal
Por Alejandro Espiño |
-
O rock alternativo de Nada Surf brilla no Pazo da Cultura
Por Mónica Patxot |
-
Chega 'Sons Diversos' con Ángel Stanich, Calum, Nada Surf, Guadi Galego e Immaculate Fools
Por Alejandro Espiño |
-
Calum, o novo fenómeno teen, actuará o 5 de marzo no Pazo da Cultura
Por Redacción |