O Ballet Nacional Ruso regresa a Pontevedra a ritmo de Tchaikovsky
Por Redacción
O Ballet Nacional Ruso representará en Pontevedra a Grand Gala Tchaikovsky o próximo 11 de novembro, ás oito e media da tarde. A recoñecida compañía dirixida por Sergey Radchenko, interpretará un conxunto de obras do compositor ruso coas que renderán unha homenaxe a Maya Plisetskaya, parella de baile de Radchenko durante máis de vinte anos.
Esta actuación enmárcase dentro da xira que o Ballet Nacional Ruso levará a preto de corenta e cinco cidades españolas cun total de cincuenta e seis funcións ofrecendo diferentes títulos de Tchaikovsky, entre eles, O Lago dos Cisnes, A Bela Durminte ou Romeo e Julieta, que se representa por primeira vez en España.
Ademais do nutrido corpo de baile, composto por 45 persoas, o público gozará do virtuosismo dos principais bailaríns solistas, Maria Klyueva, Alexandra Kryukova, Konstantin Marykin e Nurlain Kinerbaev.
As entradas poden adquirirse a través de www.ataquilla.com e no teléfono 902 504 500.
BALLET NACIONAL RUSO
O Ballet Nacional Ruso foi fundado en 1989 cando o lendario solista do Teatro Bolshoi de Moscova, Sergei Radchenko, tentaba realizar a súa visión dunha compañía que reunise aos elementos máis clásicos das grandes compañías de Ballet Kirov e Bolshoi nunha nova compañía de ballet independente dentro do marco do ballet clásico ruso.
Os principais bailaríns de toda Rusia forxaron baixo dirección de Radchenko unha emocionante compañía, poñendo en escena novas producións de clásicos atemporales como Giselle, Don Quixote, Paquita e Carmen.
Desde os seus inicios, completou numerosas xiras por Europa con extraordinarias recepcións en Italia, Francia, España, Alemaña e os Países Baixos, ademais de Reino Unido, incluíndo numerosas representacións no famoso Coliseo de Londres.
A compañía realizou, ademais, xiras por todo o mundo, destacando as realizadas con gran éxito por Turquía (no Festival de Istambul), Grecia (Festival de Atenas), Xapón, Corea, Singapur, Hong Kong e EEUU onde todas as tempadas ofrece unha longa xira mostrando o seu amplo repertorio nas máis importantes salas e teatros do país americano.
Relacionadas:
-
Afundación e o Russian Classical Ballet presentan 'O lago dos cisnes'
Por Redacción |
-
A danza clásica e a patinaxe artística, triunfo compartido en Afundación
Por Mónica Patxot |
-
Ballet clásico e patinaxe sobre xeo nun inesperado 'O Crebanoces'
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
'A bela durminte" do Russian Classical Ballet marabilla o público pontevedrés
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |