Ballet clásico e patinaxe sobre xeo nun inesperado 'O Crebanoces'
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O Centro Social Afundación Pontevedra acollerá o próximo mércores, 17 decembro, un espectáculo "único e nunca visto no mundo", unha combinación inesperada de ballet clásico e patinaxe sobre xeo que poñerá en escena O Crebanoces de Tchaikovsky.
A directora de Contidos Socioculturais de Afundación, María Teresa Cores compareceu en rolda de prensa acompañada de Hassan Usmanov, director artístico e bailarín principal da compañía Usmanov Classical Russian Ballet para presentar este espectáculo que "suma o lirismo e delicadeza artística da danza clásica do máis alto nivel internacional coa parte máis deportiva da patinaxe", pero sempre "sen perder a concepción e estética do máis puro ballet clásico ruso".
Abonda con dicir "ballet ruso" para entender que existe garantía dun alto nivel profesional nas súas actuacións, pero nesta ocasión hai que sumar un elenco dos máis laureados patinadores artísticos rusos así como equilibristas. ÿ por iso que aseguran que o espectáculo non deixará de sorprender o espectador con trucos e "saltos acrobáticos" de estilo circense "inimaxinables nun escenario teatral".
Para iso será necesario habilitar no Centro Social Afundación unha pista de patinaxe sobre xeo mediante a instalación dun "crebacabezas de pranchas de xeo sintético que se adaptan a cada escenario".
A xira desta compañía con O Crebanoces considera 35 actuacións por España e Portugal e recalará en Pontevedra o mércores 17, no Centro Social Afundación de Pontevedra. As entradas xa están a venda na billeteira de Servinova.
Relacionadas:
-
O Crebanoces cobra vida co Russian Classical Ballet en Pontevedra
Por Redacción |
-
O Ballet Nacional Ruso regresa a Pontevedra a ritmo de Tchaikovsky
Por Redacción |
-
A danza clásica e a patinaxe artística, triunfo compartido en Afundación
Por Mónica Patxot |
-
A compañía de Víctor Ullate mostrará a súa visión de "El arte de la danza" no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
'A bela durminte" do Russian Classical Ballet marabilla o público pontevedrés
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
O Usmanov Classical Russian Ballet pon en escena 'A Bela Durminte' en Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |