O Teatro da Ópera Nacional de Moldavia representará "La Traviata" o 9 de novembro en Pontevedra
Por Redacción
A partir deste mércores atópanse á venda as entradas para asistir á representación en Pontevedra de La Traviata, a soada ópera de Giuseppe Verdi, a cargo do Teatro da Ópera Nacional de Moldavia. Será o luns 9 de novembro, ás oito e media da tarde, no Auditorio Sede Afundación, situado na rúa Augusto González Besada.
Baseada nunha adaptación teatral de La dama de las camelias de Alejandro Dumas, este drama en tres actos, cuxo título orixinal era Violetta, xira en torno ao romance imposible entre unha moza cortesá enferma de tuberculose e o seu amante.
A Ópera Nacional de Moldavia, tras a desaparición da URSS, converteuse nunha das poucas compañías que ten a súa propia orquestra, coros, solistas e ballet.
Entre o seu repertorio destacan, Eugene Onegin, Madame Butterfly, Aida, Nabucco, Norma e Turandot, entre outros. Todos os anos realiza máis de duascentas representacións de ópera e ballet en países como Inglaterra, Francia e Alemaña.
As entradas para esta representación poden adquirirse a través de www.ataquilla.com e no teléfono 902 504 500.
Relacionadas:
-
Welcome to Rigoletto, da Ópera Nacional de Moldavia
Por Redacción |
-
Cheo no auditorio de Afundación para ver La Traviata, de Verdi
Por Cristina Saiz |
-
'La Traviata', "una de las mejores óperas para iniciarse en el género", en Pontevedra o 9 de novembro
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
O Teatro Nacional de Moldavia calma a fame de ópera dos pontevedreses
Por Redacción |