'La Traviata', "una de las mejores óperas para iniciarse en el género", en Pontevedra o 9 de novembro
Por Natalia Puga & Cristina Saiz
A ópera e Giuseppe Verdi volven este outono a Pontevedra. Tras o éxito da representación de Nabucco en novembro de 2014 , Afundación e o Teatro da Ópera Nacional de Moldavia presentan un novo espectáculo no auditorio da rúa Augusto González Besada: La Traviata. Será o vindeiro luns 9 de novembro ás 20.30 horas e as entradas xa poden adquirirse a través das canles habituais de venda de Afundación, en Ataquilla.com e no teléfono 902 504 500 a partir de 30 euros.
A directora de Concerlírica, Leonor Gago, animou aos pontevedreses para achegarse a esta nova ópera de Verdi baseada nunha adaptación teatral da dama das camelias de Alexandre Dumas e que "160 años después de su estreno, es un título que no pasa de moda". A obra é un drama en tres actos que, tanto polo estilo do seu autor como pola súa temática, está concibida para todos os públicos, tanto os afeccionados ao mundo da ópera como para quen este sexa o seu primeiro achegamento. Verdi "es muy asequible" y "el tema del amor y el desamor siempre está presente".
La Traviata xira en torno ao romance imposible entre unha moza cortesá enferma de tuberculose e o seu amante. Baixo a dirección de Nicolae Dohoratu, a ópera contará coa participación de solistas internacionais como Natalia Golub, Petru Racovita e Rodica Picirenau nos papeis de Violeta, Giorgio Germont e Anina, respectivamente, e o tenor español Miguel Borrallo no papel de Alfredo Germont.
Este último, Miguel Borrallo, presentou a obra este mércores acompañado por Leonor Gago e pola coordinadora da área de Cultura de Afundación, María Teresa Cores, e tamén fixo un chamamento aos pontevedres a que o luns acudan de forma masiva a Afundación e poderán comprobar que, en contra da opinión maioritaria, "la ópera no es elitista, es refinada, llega a todos y cualquier persona puede disfrutarla, incluso los niños".
"No tendría sentido hacer ópera solo para los que la entienden", indicou o tenor español, para quen, ademais, "La Traviata, Rigoletto y La Boheme son las tres mejores óperas para iniciarse en el género". "Si hay una ópera, es La Traviata",, asegurou Miguel Borrallo, para quen é "una obra única".
A Ópera Nacional de Moldavia está situada en Chisinau, o seu capital. Tras a desaparición da URSS converteuse nunha das poucas compañías que ten a súa propia orquestra, coros, solistas e ballet. Entre o seu repertorio destacan, Eugene Onegin, Madame Butterfly, Aida, Nabucco, Norma e Turandot, entre outros. Todos os anos o Teatro realiza máis de duascentas representacións de ópera e ballet en países como Inglaterra, Francia e Alemaña e en Pontevedra xa representou en 2014 Nabucco.
Relacionadas:
-
Cheo no auditorio de Afundación para ver La Traviata, de Verdi
Por Cristina Saiz |
-
O Teatro da Ópera Nacional de Moldavia representará "La Traviata" o 9 de novembro en Pontevedra
Por Redacción |
-
O Teatro Nacional de Moldavia calma a fame de ópera dos pontevedreses
Por Redacción |
-
'Nabucco' achegará a ópera aos pontevedreses da man do Teatro Nacional de Moldavia
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |