Cheo no auditorio de Afundación para ver La Traviata, de Verdi
Por Cristina Saiz
O Auditorio de Afundación rexistrou este luns un cheo total de público que acudiu a ver La Traviata, de Giuseppe Verdi.
Baseada nunha adaptación teatral de La dama de las camelias de Alexandre Dumas, este drama en tres actos, cuxo título orixinal era Violetta, xira en torno ao romance imposible entre unha moza cortesá enferma de tuberculose e o seu amante.
Baixo a dirección de Nicolae Dohoratu, a ópera contou coa participación de solistas internacionais como Natalia Golub, Petru Racovita e Rodica Picirenau nos papeis de Violeta, Giorgio Germont e Anina, respectivamente, e o tenor español Miguel Borrallo no papel de Alfredo Germont.
TEATRO DA ÓPERA NACIONAL DE MOLDAVIA
A Ópera Nacional de Moldavia está ubicada en Chisinau, a súa capital. Trala desaparición da URSS converteuse nunha das poucas compañías que ten a súa propia orquestra, coros, solistas e ballet. Entre o seu repertorio destacan Eugene Onegin, Madame Butterfly, Aida, Nabucco, Norma e Turandot, entre outros. Todos os anos o teatro realiza máis de duascentas representacións de ópera e ballet en países como Inglaterra, Francia e Alemaña.
Nicolae Dohotaru é director titular do Teatro da Ópera e traballa de maneira permanente na Filarmónica de Kishinau e na Filarmónica de Bucarest. Leva máis de 20 anos dirixindo óperas por todo o mundo, entre elas, Aída, Turandot, Tosca, Nabucco, Las bodas de Fígaro, Carmen, Caballería, Pagliacci, Madama Butterfly, La Traviata e La Bohème.
Relacionadas:
-
'Rigoletto' e unha gala lírica, oferta da primeira edición do festival de ópera Cidade de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
'La Traviata', "una de las mejores óperas para iniciarse en el género", en Pontevedra o 9 de novembro
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
O Teatro da Ópera Nacional de Moldavia representará "La Traviata" o 9 de novembro en Pontevedra
Por Redacción |