Poio celebra o Día do Teatro co espectáculo 'Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fóra'
Por Redacción
Este venres 27 de marzo celébrase o Día Internacional do Teatro e Poio continuará coa súa aposta por conmemorar esta data co apoio ao teatro afeccionado a través do espectáculo Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fóra de Trasno Novo Teatro. A función presentarase no local social da Comunidade de Montes de Combarroa partir das 21.00 horas.
Esta obra encádrase dentro do Ciclo Teatral anual PoioEscena e baséase en relatos de diversos autores e na ampla información que a compañía viguesa obtivo a partir da recuperación da memoria histórica. O argumento céntrase no encontro de tres mulleres no mesmo lugar e deciden unirse nunha dura fuxida. Con este espectáculo, a compañía pretende facer unha homenaxe ás mulleres asasinadas durante a guerra civil e a posguerra e reflexionar sobre os queimas que seguen de actualidade como os abusos de poder, a hipocrisía da sociedade ou a subxectividade dos medios informativos.
A entrada ten un prezo de 3 euros para o público xeral mentres que os socios só terán que pagar 1 euro.
Nesa mesma xornada, a biblioteca municipal de Poio acollerá, a partir das 17.00 horas, o espectáculo 'Conto Contigo', contacontos, monicreques e maxia para todos os públicos con entrada libre.
Relacionadas:
-
Dame cuerda que Teatro presenta a obra "Os nenos perdidos" no ciclo PoioEscena
Por Redacción |
-
Tangatutanga Teatro estrea en Samieira o cabaré bíblico "Que Deus nos colla confesados"
Por Redacción |
-
Poio buscará nun novo concurso ao mellor monologuista cómico de Galicia
Por Redacción |
-
Seis anos de PoioEscena, unha aposta consolidada polo teatro afeccionado en galego
Por Redacción |