O son de Dire Straits chega á Afundación con bROTHERS iN bAND
Por Redacción
O timbre de voz ou os punteos máis parecidos aos de Mark Knopfler chegan este venres 27 de febreiro á sede de Afundación en Pontevedra co espectáculo The very best of Dire Straits da man de bROTHERS iN bAND. Será unha volta ao mellor son dos oitenta, coa interpretación de temas históricos como Money for nothing, Sultansof swing ou Walk Of Life a través dunha banda tributo que recibiu os eloxios de Guy Fletcher, teclista habitual de Knopler nos últimos anos. Fletcher ao escoitar un ensaio en directo de bROTHERS iN bAND nun festival en Granada creu que se trataba dunha gravación orixinal dos propios Dire Straits.
Este grupo, considerado unha das mellores bandas tributo do mundo, está liderado polo vocalista e guitarrista ÿscar Rosende e, xunto a el, están Antonio Abad na guitarra rítmica; José Rodríguez co saxofón, frauta e coros; Fernando Abenza no baixo eléctrico; Iago Mouriños no piano e teclados; Miguel Lamas á batería; Nacho Varela con teclados, hammond e coros; Pablo Gilbert no pedal Steel Guitar; e Miguel Queixas na percusión.
O concerto espectáculo comezará ás 21.30 horas na sede da Fundación Galicia Obra Social na praza de San Xosé e as entradas poden adquirirse a través de www.servinova.com ou polo despacho telefónico: 902 504 500.