Non haberá SonRías Baixas: a chuvia obriga a suspender o festival por motivos de seguridade
Por Redacción
Despois de loitar contra o temporal durante días, a organización do SonRías Baixas viuse obrigada esta tarde a cancelar a XIII edición do festival, prevista para este fin de semana en Bueu. A intensa choiva e vento, que non deron tregua nos últimos días, fixeron imposible a montaxe do escenario e dos equipos de son e luz. E o risco que podería haber para o persoal e o equipamento técnico, así como para o público, fixo que se tomara esta decisión.
Tal e como recolle a acta asinada conxuntamente pola Garda Civil, a Policia Local, o Concello de Bueu, representantes dos grupos participantes e da empresa de son, luz e escenario, a climatoloxía foi a culpable cancelación do Festival, "facéndolo definitivamente inviable polo risco físico que suporía para os artistas, montadores, intervintes e asistentes".
A organización devolverá o 100% do importe das entradas. O importe das entradas mercadas por internet execútase automaticamente na tarxeta dende a que se realizou a compra nun prazo de 3 a 15 días hábiles. As persoas que mercaran a súa entrada nun punto de venda físico poden canxeala polo importe na billeteira do festival esta tarde e mañá sábado ou no mesmo punto de venda a partir do próximo mércores día 24 e ata o día 24 de outubro.
As persoas que teñan dúbidas ao respecto poden contactar coa organización a través do teléfono, do correo incidencias.sonrias@gmail.com ou das redes sociais (@sonriasbaixas tanto en Facebook como en Twitter).
A ORGANIZACION PIDE DESCULPAS
"Lamentamos moitísimo a frustración e os inconvintes que esta decisión poidan causar para os festivaleiros que tiñan pensado asistir ao SonRías Baixas", sinalan desde la organización festival. "Lamentámolo polo público, lamentámolo polos artistas e lamentámolo, tamén, polas institucións, empresas e persoas que nos axudan a facer posible o festival e que este ano, especialmente, puxeron todo da súa parte para que o SonRías fora posible".
Recordan que Troula na Banda, a asociación que organiza o festival, é unha entidade sen ánimo de lucro, "un grupo de festivaleiros que traballamos ao longo de todo o ano por e para estes días de festival e que algo tan alleo a nós, tan incontrolable e inapelable como o clima, o faga imposible entristécenos moito máis do que xamais seremos capaces de transmitir. Sentímolo, de corazón".