Volven os clubs de lectura en galego, castelán, portugués e inglés á Biblioteca de Pontevedra
Por Redacción
Volven os clubs de lectura. Trátase dunha das actividades que organiza a Biblioteca Pública de Pontevedra para fomentar o uso das súas instalacións e o hábito lector entre os pontevedreses. Poderán formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora en inglés, galego, castelán ou portugués.
Esta iniciativa, que ten carácter gratuíto, comezará o próximo mes de outubro e estenderase ata xuño de 2015.
Os clubs de lectura dispoñibles son os seguintes:
- Galego: Martes alternos de 18:00 a 19:00 horas. (20 prazas)
- Portugués: Luns alternos de 18:00 a 19:00 horas. (15 prazas)
- Inglés: Martes alternos de 19:45 a 20:45 horas. (20 prazas)
- Castellano: Todos os mércores de 17:00 a 18:00 horas. (15 prazas)
O prazo de inscrición comeza o 15 de setembro. Os interesados deberán anotarse de 09.00 a 21.00 horas na propia biblioteca, no teléfono do centro (986 85 08 38) en horario de mañá ou no correo electrónico biblio.publica.pontevedra@xunta.es, poñendo no asunto o nome do club ao que quere anotarse.
Nas peticións hai que incluír tamén os seguintes datos: Nome e apelidos, teléfono de contacto e número de lector se xa es usuario da biblioteca. Se non se é usuario terán que facer o carné.