O viño e a viña de Galicia expóñense na Biblioteca Pública de Pontevedra
Por Redacción
A Biblioteca Pública de Pontevedra ofrece, ata o 15 de setembro, unha exposición baixo o 'O viño e a viña en Galicia' na que se pode realizar un percorrido por cada unha das zonas da xeografía de Galicia na que se encontran as principais denominacións de orixe dos caldos autonómicos.
Ao longo desta mostras ofrécense datos sobre a historia, a relación co turismo, as rutas e os monumentos destes viños e viñas galegos coa presenza dalgunhas das botellas das principais adegas.
A exposición extrae datos dalgúns dos libros que ofrecen información sobre enoloxía e o cultivo da viña en terras galegas.
Estes traballos poden visitarse na planta baixa e nas escaleiras do edificio da Biblioteca, ademais do centro de interese na segunda planta, en horario de 8.30 a 14.30 horas ata o 31 de agosto. A partir do 1 de setembro, o horario de exposición será de 9.00 a 21.00 horas.