Armadiña Rock is different
Por Redacción
O Festival Armadiña Rock que se celebra en Combarro segue marcando un estilo propio coa promoción de bandas galegas e un espírito divertido, que converte este evento nunha cita ineludible para os seguidores da música en vivo. Na noite deste venres 22 actuaron Dakidarría, Medomedá e MLK na Praza da Chousa.
Dakidarría é unha das bandas máis importantes do skai estatal e o concerto no Armadiña Rock inclúe dentro da súa xira 'Dez anos na rúa' no que están presentado o 'Utopías Emergentes'. A banda formada por oito músicos procede de Val Miñor e lograron trasladar a súa enerxía e o seu aire de festa a todos os que asistiron ao festival.
Medomedá é un grupo con máis de seis anos de carreira. Teñen influencias de bandas como Heredeiros da Crus e son creadores do estilo "rock gilipollas".
A terceira banda que participou no Armadiña Rock 2014 foi MLK, un grupo de Pontevedra, que ofrece un son potente con influencias do rock dos 90. Neste momento, encóntranse inmersos na gravación do seu primeiro disco.
Esta noite do sábado, dentro da Festa do Mar, ao escenario da Praza da Chousa a partir das 23.00 horas subirán o grupo de rock pontevedrés, Champurrada, e unha banda clásica do pop español, Los Secretos. A entrada é libre.
Relacionadas:
-
Carlos Baute actuará o 20 de agosto no Festa do Mar de Combarro
Por Redacción |
-
O PP de Poio valora positivamente a recente Festa do Mar pero cuestiona o seu financiamento
Por Redacción |
-
Máis de 20.000 persoas achegáronse a Combarro durante a XIV Festa do Mar
Por Redacción |
-
Combarro regresa aos 80 coreando cancións de Los Secretos
Por Redacción |
-
VIDEO.- O Armadiña Rock de Combarro volve tirar de enxeño para promover o festival
Por Redacción |
-
A XIV Festa do Mar de Combarro ofrecerá mil quilos de moluscos da ría
Por Anxo Lourido |