O PP de Poio valora positivamente a recente Festa do Mar pero cuestiona o seu financiamento
Por Redacción
O voceiro do Partido Popular en Poio, Ángel Moldes, valorou positivamente, aínda que con reservas, os cambios realizados pola organización da recentemente finalizada Festa do Mar de Combarro.
Moldes recoñeceu que "non podemos negar que nesta edición houbo boas iniciativas, un calendario de actividades importante e que a valoración xeral é positiva", antes de resaltar que "tamén é certo que unha festa sen cartos e sen previsión de pagala a curto prazo pode organizala calquera".
O grupo municipal do PP cuestiona nun comunicado o financiamento do evento, e por ese motivo solicitará o concelleiro de Turismo, Xosé Luis Martínez, un informe sobre a xestión da festa e que "contemple toda a relación de gastos e ingresos".
Ángel Moldes sinalou ademais que, salvo o prezo dos pratos de ameixa e mexillón ao vapor aprobados en Comisión de Goberno, "quedaron sen fixar o prezo dos case 20 produtos máis que se venderon na festa".
Relacionadas:
-
O concelleiro de Turismo de Poio declarará nos xulgados por irregularidades na contratación na Festa do Mar
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Máis de 20.000 persoas achegáronse a Combarro durante a XIV Festa do Mar
Por Redacción |
-
Combarro regresa aos 80 coreando cancións de Los Secretos
Por Redacción |
-
Armadiña Rock is different
Por Redacción |
-
Combarro recorda as súas orixes na XIV Festa do Mar
Por Diego Espiño |