![Mesas y manteles #14: Aves Lago](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/291/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/592da12d84-img_9549.jpg)
Mesas y manteles #14: Aves Lago
Ven | 10:00 | 10:40
Miguel e Emilio Lago son a cuarta xeración familiar que xestiona Aves Lago. Unha empresa pontevedresa, con persoal pontevedrés e accionariado igualmente pontevedrés. A través dos anos foron ampliando, profesionalizando e diversificando o seu negocio. Non todo foi crecer e crecer; houbo algún pico de serra, como no 1974 consecuencia da crise do petróleo. Actualmente a firma ten presenza en toda a Península, Francia e Inglaterra. A quinta xeración, xa apunta ao futuro.