![Mesas y manteles #5](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/57d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/588652e731-20170123-patxot-radio-mesas-y-manteles-012.jpg)
Mesas y manteles #5
Ven | 10:00 | 10:38
Mesas e manteis fixa a atención nesta ocasión nunha cervexa artesá da provincia. Concretamente de Barro, onde Anxo Puime, ten radicada dende 2009 a súa empresa Cervexas Saramagal. Nesta charla, falamos de como é o proceso de elaboración deste produto, da súa presenza no mercado, do tipo de consumidor ao que vai dirixido e que busca a cervexa artesá. Ata de maridaxes, como suxire o anfitrión destes programas, Francesco Iannelli. E, por certo, de onde vén o nome de Saramagal?