Un repartido quinto premio, o 43831, deixa bos beliscos en Pontevedra, Meis e Moraña

Pontevedra
22 de decembro 2020

O punto de venda que repartiu sorte en Pontevedra é a administración de loterías situada no centro comercial que  Carrefour ten en San Blas. Alí xa repartiran en 2018 un décimo do Gordo. Tamén repetiu o Café Bar Xolda, de Moraña. O Bar Casa Samuel, en Vilanoviña (Meis), completa a lista

Décimo do número 43831, quinto premio do sorteo de Nadal da Lotería Nacional PontevedraViva

O 43831, un dos oito quintos premios do sorteo extraordinario de Nadal da Lotería Nacional, foi sen dúbida un dos máis repartidos da xornada. E entre os lugares onde deixou un belisco están Pontevedra, Meis, Moraña e Ponteareas.

O premio, que foi cantado pouco despois de únaa da tarde, reportará aos agraciados unha boa cantidade para afrontar estas festas, 6.000 euros ao décimo.

O punto de venda que repartiu sorte en Pontevedra é a administración de loterías situada no centro comercial que Carrefour ten en San Blas. Alí xa repartiran en 2018 un décimo do Gordo.

E tamén repetiu o Café Bar Xolda, de Moraña, onde hai catro anos repartiron 125.000 euros dun segundo premio. Nesta ocasión foi un quinto premio.

En Meis, os afortunados que entregaron este quinto premio foron os responsables do Bar Casa Samuel, en Vilanoviña, segundo consta na información facilitada por Loterías e Apostas do Estado.