Torreciudad lembra cando a imaxe da Virxe Peregrina viaxou en 1984 para saír de procesión no santuario de Huesca

Pontevedra
11 de agosto 2023

Hai 39 anos daquela imaxe. En 1984, a Virxe Peregrina saía do seu Santuario pontevedrés para facer o percorrido coa Virxe da Franqueira e A Pastoriza no termo municipal de Secastilla, na comarca de Ribagorza del Alto Aragón na provincia de Huesca coa presenza de coñecidos devotos pontevedreses

Romaría coa presenza da imaxe da Vixe Peregrina no santuario de Torreciudad en 1984 Turismo de Torreciudad

Sucedía hai 39 anos. A imaxe da Virxe Peregrina saía por primeira vez do seu santuario pontevedrés para desprazarse cos integrantes da confraría ata Huesca.

Na véspera do inicio das Festas da Peregrina recuperamos estes documentos históricos que se remontan ao 22 de setembro do ano 1984.

Osantuario de Torreciudadestá dedicado á nosa Señora dos Anxos, no termo municipal de Secastilla, na comarca de Ribagorza del Alto Aragón, na provincia de Huesca.

Con motivo da celebración do noveno centenario da Virxe de Torreciudad estableceuse esta viaxe para que nos actos litúrxicos e na procesión participasen as virxes galegas da Peregrina, A Franqueira e A Pastoriza.

Máis de 3.000 persoas acudiron a esta romaría. A imaxe da Virxe Peregrina era escoltada polo que foi presidente da confraría e tamén do Liceo Casino, José Ángel Fernández Arruti, falecido en abril de 2022. Un dos portadores da talla era Manuel Casal, director da desaparecida Televisión Pontevedra, entre outras persoas devotas e coñecidas do municipio, como se pode comprobar nas imaxes cedidas por Turismo de Torreciudad.

O alcalde de Ponteareas José Castro Álvarez foi o encargo de facer a ofrenda de Galicia e residentes deste municipio encargáronse de elaborar durante a noite unha alfombra de flores para decorar o paso das virxes seguindo a tradición.

A primeira talla da Nosa Señora do Refuxio, a Divina Peregrina, chegou a Pontevedra a través de peregrinos franceses que realizaban o Camiño no século XVIII. Trátase dunha imaxe que, segundo a tradición relixiosa, guiaba as persoas que realizaban a peregrinación desde Baiona pasando por Vigo ata Santiago de Compostela. 

A Virxe da Peregrina é a patroa da provincia e do Camiño Portugués, que nace no país veciño e vai ata Santiago de Compostela pasando por Pontevedra. A imaxe loce capa con esclavina e na súa man porta o bordón e a cabaza para levar viño ou auga, elementos característicos da figura.