O PSOE pide un estudo serio para remunicipalizar o servizo de auga en Pontevedra

Pontevedra
18 de febreiro 2018

Tino Fernández, portavoz do grupo municipal do PSOE, critica o informe de valoracións das propostas para a privatización do servizo da xestión de augas que está a levar a cabo o Concello de Pontevedra. Segundo indica, o contrato vai a supoñer un desembolso de máis de 130 millóns de euros para as arcas municipais

Agustín Fernández, no pleno municipal Mónica Patxot

Tino Fernández, portavoz do grupo municipal do PSOE, considera necesario paralizar o proceso de adxudicación da xestión do servizo de abastecemento de auga en Pontevedra, que se atopa en marcha, para acometer un estudo serio sobre a remunicipalización desta área.

"Non somos máis parvos que París, onde a municipalización supuxo xa no primeiro ano un aforro de máis de 30 millóns de euros e unha baixada no recibo dos cidadáns de ata un 8%. Ese é o modelo que queremos", indica o representante socialista.

Desde o PSOE critican o procedemento que se está levando a cabo para a adxudicación. Entenden que se están outorgando puntuacións sen xustificación porque os criterios de baremación van cambiando ao longo do proceso. Fernández afirma que todo o informe "é pura discrecionalidade".

Lamenta que o alcalde Fernández Lores sexa incapaz, segundo apunta, de xestionar os asuntos importantes do Concello para deixalos en mans de empresas privadas. 

Asegura tamén que o contrato da xestión da auga nace viciado pola aprobación dun prego de cláusulas claramente laeado "a favor de determinados intereses". O contrato ascende a 130 millóns de euros.

Arquivado en