O BOE publica o expediente da declaración de falecemento de Sonia Iglesias

Pontevedra
24 de febreiro 2021

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este mércores 24 de febreiro un oficio do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra sobre o expediente de declaración de falecemento de Sonia Pilar Iglesias Eirín, a pontevedresa desaparecida o 18 de agosto de 2010

Manifestación de lembranza a Sonia Iglesias Mónica Patxot

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este mércores 24 de febreiro un oficio do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra sobre o expediente de declaración de falecemento de Sonia Pilar Iglesias Eirín, a pontevedresa desaparecida o 18 de agosto de 2010.

A letrada da Administración de Xustiza, Gema Antolín Pérez, "fai público" o expediente aberto e solicita "aos que teñan noticias da súa existencia" que informen o tribunal. 

"Faise público para que os que teñan noticias da súa existencia poidan poñelas en coñecemento deste Xulgado e ser oídos", recolle o BOE.

Ademais, neste oficio faise constar o último domicilio de Sonia, na praza Campo da Torre, e o seu carné de identidade. 

O procedemento abriuse o pasado mes de novembro a pedimento do seu fillo, Alejandro Araújo Iglesias, máis dunha década despois da denuncia pola desaparición desta muller de 37 anos.

 

 

Arquivado en