Inician unha campaña de recollida de firmas para que o parricida de Moraña cumpra íntegra a súa pena

Umia
19 de xullo 2017

Rocío Viéitez, nai de Amaia e Candela, as nenas de 4 e 9 anos asasinadas polo seu pai cunha serra radial eléctrica e un coitelo na súa casa de Moraña, iniciou unha campaña de petición de firmas a través da plataforma Change.org para pedir que non se derrogue a pena de prisión permanente revisable recollida no Código Penal

Campo Lameiro e Moraña lembran as nenas Amaia e Candela Mónica Patxot

Rocío Viéitez, nai de Amaia e Candela, as nenas de 4 e 9 anos asasinadas polo seu pai cunha serra radial eléctrica e un coitelo na súa casa de Moraña, iniciou unha campaña de petición de firmas a través da plataforma Change.org para pedir que non se derrogue a pena de prisión permanente revisable recollida no Código Penal. 

É a pena que a Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo ao seu ex marido e parricida confeso, David Oubel Renedo, e coa súa campaña pretende que o Congreso dos Deputados a manteña no Código Penal. O 4 de outubro de 2016 unha maioría absoluta da Cámara deu o seu apoio a unha iniciativa do PNV que pide ao Goberno derrogar a prisión permanente revisable, introducida na última reforma do Código Penal. 

"Unha persoa que comete un delito desta índole, que outra pena merece?", pregúntase Rocío Vieitez na petición iniciada na tarde deste martes 18 de xullo e dirixida ao Congreso dos Deputados. Como nai das vítimas e española sen afiliación política concreta, amosa o seu "total rexeitamento" á decisión dalgúns de solicitar a derrogación desa pena.

Rocío Vieitez xa empezou días atrás un campaña de difusión a través da rede social Facebook para defender ao prisión permanente revisable e agora, tras pechar aquela conta, deu o paso á campaña de recollida de firmas. Solicita axuda para demostrar aos partidos políticos que "nós, como votantes, somos as persoas ás que nos afectan as súas decisións e que estamos desconformes coa súa solicitude de derrogación". 

Entre outros argumentos, argumenta que cada persoa é responsable dos seus actos e, en aras da asunción de responsabilidades, David Oubel debe asumir a condena que lle foi imposta por un delito maior que se axusta por completo á pena que lle foi imposta. "As malas accións levan castigos, é así", engade, e lembra que a pena de prisión permanente revisarase aos 25 anos, de modo que, se unha vez cumpridos 25 anos como castigo polo seu delito, xuristas e psicólogos consideran que está preparado para saír, "sairá, como é lóxico".

A nai de Candela e Amaia asegura que cre na reinserción, pero tamén chama a atencion sobre o feito de que neste afán de ser correctos, de mente aberta, tolerantes e democráticos, "esquecémonos da parte que permanece, na gran maioría de casos, calada: as vítimas". Pregúntase, no texto da petición: "Seica a lei debe protexer mellor e dar máis amparo ao delincuente que á vítima? A liberdade dun significa a perda de liberdade do outro (vítima)?".

Arquivado en