Entrevista exclusiva a "O Ilustrísimo", o mozo ladrón pontevedrés: "Desde antes de los 14 años vivo solo y tengo que robar para comer"

Pontevedra
15 de agosto 2013

O mozo que suma máis detencións nos últimos meses en Pontevedra, Alejandro P.C., conta en entrevista exclusiva a PontevedraViva os motivos que o levan a delinquir. Durante a pasada madrugada foi detido, na compaña dun amigo, cando levaban uns dispositivos electrónicos do interior dun vehículo

Alejandro P.C. "o Ilustrísimo", fala por teléfono en compaña dun amigo, á saída dos Xulgados Diego Torrado

Ás portas do xulgado de garda na Parda vai calor. ÿ a unha do mediodía do día da Asunción. O policía nacional que vixía o acceso sae a respirar. No interior leva declarando máis de dúas horas ante o xuíz o mozo coñecido como O Ilustrísimo. O pontevedrés Alejandro P.C. suma, polo menos, 26 detencións na súa vida e esta noite, os axentes da Policía Nacional encontrárono, en compañía dun amigo, tras levarse unha cámara fotográfica e un iPAD dun vehículo na rúa San Roque de Abaixo de Pontevedra. Ambos os dous foron trasladados aos calabozos da Policía ata prestar declaración nos xulgados de onde saíron en liberdade.

O seu amigo, un mozo de 26 anos veciño de Marín e con antecedentes policiais, sae antes do edificio xudicial e espera na porta. Cruza algunhas palabras co policía. O seu avogado camiña tras el e coméntalle que teña coidado, que non se volva meter en leas porque á próxima non será tan doado que quede en liberdade. Detrás aparece Alejandro "O Ilustrísimo", sorrinte. A el, o letrado xa non lle di nada.

Os dous mozos permanecen uns minutos charlando animadamente na pequena praza ante a entrada dos Xulgados.

O Ilustrísimo, Álex como lle chama o seu amigo, é delgado, enjuto e con faccións de neno que nunca rompeu un prato. Viste pantalón vaqueiro e unha camiseta verde. Unhas manchas de sangue baixan dende o colo ata a lenda Laney Short da peza. "Es sangre de los puntos que se me abrieron por el golpe que recibí en la cabeza", explica. E nesa brecha xustifica o motivo polo que desobedeceu a orde de acudir diariamente aos xulgados a asinar este mércores 14, tal e como establecera a xuíza de garda un día antes: "Me dieron un golpe en la cabeza. No sé por qué. Fue un marroquí. Vino por detrás, a lo perro... por una bronca que tuvimos. Me marché al Hospital a que me pusieran puntos". Así, ás portas dos xulgados, o lugar que máis visita nos últimos días, o Ilustrísimo accede a conceder unha entrevista exclusiva a PontevedraViva. Aínda así, non quere gravacións e intenta escapar das cámaras fotográficas.

O Ilustrísimo fala sen miramentos pero sen un ápice de rubor sobre os numerosos furtos que leva perpetrados. Recoñéceos, sen máis. "Esta noche nos pillaron porque vimos unos I-Pad dentro de un coche y se nos dio por cogerlos". Ao preguntarlle por que segue roubando contesta: "Tengo que comer. Desde los 14 años o antes vivo solo. Mi padre se fue con una mujer y mi madre con su pareja y yo para comer tengo que hacer algo, tengo que robar".

Nunca tivo un emprego e asegura que o intentou: "Estoy enviando un montón de currículums pero no me llaman. Busco trabajo pero si no me lo dan... ". Entón Álex, ante o seu amigo que se mantén en silencio e con cara de arrepentimento durante toda a entrevista, culpa os inmigrantes romaneses da situación "ellos llevan todas las ayudas. Los ves bien vestidos, van a comercios caros, tienen de todo y, en cambio, yo tengo que buscarme la vida. Ya se lo dije a la jueza el otro día cuando vine aquí".

ÁLEX CRE QUE REMATARÁ EN PRISIÿN

Sinala que está a vivir en Pontevedra "en el piso de un colega pero tengo que pagarle mi parte". Esta noite cre que, con sorte, vai pasala en Marín, coa súa nai "y mañana me vendré con ella en el autobús, temprano".

"Sé que, al final, voy a acabar en la cárcel"

Sabe que a Policía Nacional xa o ten controlado e que segue os seus pasos pero iso non parece detelo. "Intentaré no hacerlo más pero... ". Asústalle pensar que, cunha nova detención, poida rematar cos seus ósos en prisión pero tómao como un feito irremediable: "Sé que, al final, voy a acabar en la cárcel" e encóllese os ombreiros con xesto de resignación.

Tras uns minutos de conversa na que amosa tranquilo, despídese. Camiña en dirección ao centro da cidade falando co seu amigo pola rúa coma se non tivese pasado nada, coma se fose un mozo máis. Nalgúns tramos se para e describe algunha acción violenta con golpes ao aire. Os veciños que o ven a penas reparan nel. Parece un rapaz máis pero é Alejandro, "o Ilustrísimo", o delincuente pontevedrés máis temido polos comerciantes, o rapaz que suma xa máis de 17 detencións nos últimos 8 meses e que, cada día, debe visitar os xulgados para evitar acabar entre barrotes.