O Ilustrísimo queda de novo en liberdade logo dun roubo con violencia nun videoclub do Burgo
Por Natalia Puga
O veciño de Pontevedra de 18 anos Alejandro P.C., máis coñecido como El Ilustrísimo, volveu ser detido na tarde-noite do domingo por un delito de roubo. ÿ xa un habitual na Comisaría e nos xulgados de Pontevedra polos seus múltiples antecedentes e, como é xa habitual, volveu quedar en liberdade. Entrou pasadas as 13.00 horas nun vehículo da Policía Nacional e saíu unha hora e media despois andando.
Nesta ocasión, pasou a disposición xudicial por un roubo con violencia por supostamente ter subtraído 792 euros en billetes e moedas dun videoclub do barrio do Burgo. O fiscal de garda pediu o seu ingreso en prisión, pero a xuíza titular do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra decidiu deixalo libre.
Fontes xudiciais indicaron que un dos motivos alegados polo fiscal para solicitar o ingreso en prisión é a cantidade de antecedentes do detido por delitos de furto e roubo (16 detencións dende finais de 2012 e polo menos 26 ao longo dos seus 18 anos de vida) e que hai menos dun mes foi condenado a oito meses de prisión por un roubo.
Esta última condena impúxolla o mesmo xulgado que este luns deixouno en liberdade, o Instrución número 1 de Pontevedra, o 17 de xullo e é xa unha sentenza frme. Non chegou a ingresar en prisión porque se lle substituíron os oito meses de cárcere por 240 días de traballos en beneficio da comunidade.
Os feitos que motivaron a súa última detención e posta en liberdade sucederon sobre as 20.20 horas do domingo. Unha persoa chamou á central da Policía Nacional alertando de que dous cidadáns tiñan retido un individuo que acababa de perpetrar un roubo nun videoclub da rúa Paio Gomez Soutomaior, no barrio do Burgo.
Roubaron 792 euros e fuxiron, pero o encargado do negocio e un amigo localizárono nunha finca próxima e retivérono ata a chegada da Policía
O roubo acontecera minutos antes. O detido, que resultou ser El Ilustrísimo, entrou no establecemento cun cómplice. Mentres o seu acompañante distraía o dependente, el supostamente colleu 792 euros que había dentro dunha caixa na que adoitan gardar a recadación do negocio.
A continuación, abandonaron o local e o encargado do videoclub, que se decatou do roubo, saíu correndo tras eles con axuda dun amigo. O cómplice logrou escapar, pero El Ilustrísimo escondeuse nun terreo da rúa Santiña, foi localizado polo encargado e o seu amigo e retivérono ata a chegada da Policía Nacional. Para tratar de evadirse, empurrou os seus 'perseguidores'.
En cuanto ao segundo implicado, logrou fuxir, pero dende a Comisaría indicaron que xa foi plenamente identificado e prevese a súa pronta detención. Fontes xudiciais indicaron que se prevé que poida ser posto a disposición do Xulgado de Garda nas próximas horas.
Relacionadas:
-
El Ilustrísimo, de novo ante o xuíz por catro furtos en dez días
Por Natalia Puga |
-
Entrevista exclusiva a "O Ilustrísimo", o mozo ladrón pontevedrés: "Desde antes de los 14 años vivo solo y tengo que robar para comer"
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Piden unha tapa de polbo, non a pagan e levan 550 euros e un móbil
Por Natalia Puga |
-
O Ilustrísimo suma a súa detención número 24 con só 18 anos
Por Natalia Puga |