Chegan as Murgas! Estes son os horarios, participantes e orde de actuación do concurso

Pontevedra
11 de febreiro 2024

O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá este luns 12 de febreiro a primeira eliminatoria do XXXII Concurso de Murgas, a partir das 21.00 horas

Final do concurso de Murgas 2023 Mónica Patxot

Unha das citas máis esperadas do Entroido pontevedrés xa está aquí, a XXXII edición do Concurso de Murgas.

O Pazo da Cultura acollerá este luns 12 de febreiro (21.00 horas) a primeira eliminatoria do certame, que este ano contará con nove agrupacións participantes e cuxo orde de saída ao escenario xa se coñece.

Na primeira eliminatoria sairán ás táboas catro agrupacións, entre eles os vencedores da pasada edición, Val do Lérez, e farano na seguinte orde:

  • Murga do Naveiro - 'Este ano imos a pelo'
  • Os Barallocas
  • Val do Lérez - 'Equipo de Investigación' 
  • Os Arrombados

 

En canto á segunda eliminatoria, prevista para o mércores 14 de febreiro (21.00 horas), participarán por esta orde:

  • Equipo Ja Pontevedra
  • Os discípulos de Juan de la Meca
  • Janas de leria
  • A tropa de Moncha A Caralla
  • Leña Verde

 

Todos loitarán por un oco na gran final do XXXII edición do Concurso de Murgas, prevista para o xoves 15 (21.00 horas) no Pazo da Cultura.

 

Arquivado en