A política industrial que debe levar a cabo a Xunta de Galicia centrou este xoves o discurso do candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, nunha visita á empresa Setga.
Bará visitou a se de a firma pontevedresa especializada en iluminación e recentemente conseguiu un importante contrato para renovar a iluminación pública de Ámsterdam, acompañado do tamén candidato Manuel Lourenzo, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e dos concelleiros Eva Vilaverde, Carme da Silva e Demetrio Gómez.
"O BNG porá en marcha na Xunta un goberno galego a favor da innovación, da investigación e da creatividade", defendeu o cabeza de lista por Pontevedra nunha empresa que "demostra que hai unha Galicia puxante que pode ter éxito aquí e no mundo".
Na súa intervención defendeu que a súa formación ten unha proposta para unha Galicia de futuro que debe basearse "nunha industria radicada no territorio, que aposte pola diversificación e pola especialización e que teña un efecto multiplicador desde creación de sinerxias coa industria auxiliar".
Todas estas propostas desde un "desenvolvemento sustentable" procurando a redución do impacto ambiental na produción, sinalou Luís Bará.