Este domingo 28 de xaneiro, ás 12.30 horas, está previsto que a Plataforma en Defensa dá Sanidade Pública de Sanxenxo se concentre con usuarios diante do Centro de Saúde de Baltar, situado en Portonovo (Sanxenxo).
Desde este colectivo aseguran que as baixas, vacacións e xubilacións do persoal deste centro de saúde seguen sen cubrirse, sobrecargando ao resto de traballadores e sen ofrecer a calidade que precisan os pacientes.
Algún dos profesionais do centro confirmou á Plataforma que están contratados de forma precaria, con contratos que se renovan cada semana e posiblemente ata finais de febreiro, despois das eleccións autonómicas.
Denuncian que hai pingueiras no edificio e se descoñece cando se executarán as reformas necesarias e melloras prometidas polo Concello e a Consellería de Sanidade ao non figurar a partida nos orzamentos da Xunta de Galicia.
Este colectivo apoia as trece medidas urxentes que demanda SOS Sanidade Pública Galega e piden á cidadanía que se somen ás protestas previstas nos próximos días en defensa dunha atención sanitaria de calidade.