A viúva do crime de Ponte Caldelas asegura que estaba aterrorizada "intenté que quedásemos como amigos, pero él ya estaba obsesionado"

Pontevedra
14 de outubro 2019

Sandra Martínez relatou este luns con todo luxo de detalles como foi a súa relación co único acusado por este caso, Marcos Vidal González, durante os dous anos anteriores e durante a mañá do crime e expuxo ante o tribunal de xurado que, a pesar de vivir ameazada, non denunciou por medo a represalias

Marcos Vidal, autor confeso do crime de Ponte Caldelas Cristina Saiz

A viúva de Manuel Rivas, vítima do coñecido como crime de Ponte Caldelas, relatou este luns con todo luxo de detalles como foi a súa relación co único acusado por este caso, Marcos Vidal González, durante os dous anos anteriores e durante a mañá do crime e expuxo ante o tribunal de xurado que xulga os feitos que tanto ela como o falecido vivían ameazados e vixiados polo sospeitoso, pero nunca denunciaron por medo a represalias

Sandra Martínez Araújo declarou como testemuña durante unha hora e 45 minutos durante o xuízo que comezou este mesmo luns na Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra. Antes dela, Marcos Vidal recoñecera o crimen:  "declárome culpable e sempre me declararei culpable (...) levo catro anos esperando a que me xulguen e poder cumprir a miña condena tranquilo, nada máis (...) se eu perdese a un fillo pediría que encarcerasen a esa persoa ou que a fusilasen se fosen outros tempos"

O xuízo continuará este martes coa declaración de 21 persoas, entre elas, 18 gardas civís e peritos que xa estaban previstos e outros tres testemuñas que quedaron pendentes deste luns. A sesión tivo que interromperse pasadas as sete da tarde por un fallo no sistema de gravación da sala de vistas e, finalmente, a maxistrada que preside o tribunal, María Jesús Hernández, decidiu aprazar o resto das declaracións. 

Todas as partes implicadas nesta causa e tamén a propia Audiencia parten da base de que Sandra mantiña ou mantivera unha relación sentimental co acusado, pero, durante a súa declaración, ela negouno. Coñeceuno porque o seu marido, coñecido como Manolán, e ela tiñan unha charcutería en Arcade (Soutomaior) á beira da barbería de Marcos e en febreiro de 2014 "intentamos conocernos un poco más", pero asegura que tan só durante un mes, pois "me di cuenta de que era una persona agresiva y no continué con la relación".

Respecto diso, asegura que o que tiveron "para mí no fue una relación sentimental", pero él "fabulaba con cosas que no eran reales" e creu que si. De feito, segundo o seu testemuño,"intenté que quedásemos como amigos, pero él ya estaba obsesionado". A partir de aí, empezou a vixiala e ameazala e a finais de 2014 ela e o seu marido mesmo cesaron a súa convivencia durante unhas semanas "porque nos tenía amenazados a los dos, que nos mataba si nos veía juntos".

A pesar de que asegura que nunca estiveron xuntos como parella, recoñece que falaban a diario e enviábanse whatsapp, pero xustifícase asegurando que era porque "él me lo exigía" e que a maioría das veces ela respondíalle con monosílabos e que "nunca fue por voluntad propia".

"Le tenía que llamar porque si no se hacía daño a él. O a mí. Y a Manuel. Y a mi familia", relatou, aínda que recoñeceu que se foi de viaxe con el a Asturias -"me llevó él", matizou-. Aqueles meses foron, segundo o seu relato, moi difíciles porque "me tenía aterrorizada" e tiña "amenazados de muerte" ao matrimonio.

Ese medo levouna a non denunciar os feitos e relatou que un día dixéralle que o denunciaría e el respondeulle"que de la cárcel que se salía y que vendría a por mí". Ademais, asegura que tanto a súa psicóloga como unha axente da Policía Nacional á que contou os feitos recomendáronlle non denunciar por medo a esas represalias. 

A pesar de durante a fase de instrución o acusado declarou que ela lle deu as chaves da súa casa para que fose darlle un susto ao seu marido, ela nega tal circunstancia e tamén que a navalla coa que o acusado lle asestou máis de 20 coiteladas fose do seu marido

O acusado asistiu á declaración da muller con certa inquietude. Por momento, derrubouse, outros negou coa cabeza e outros sorriu con certa incredulidade ante o seu relato. Na súa declaración -breve, de apenas un minuto- si se derrubou e rompeu a chorar.

O día do crime, Sandra asegurou que, cando empezou a sospeitar que Marcos podería estar a facer algo malo ao seu marido chámolle ata catro ou cinco veces seguidas, ata que se descolgou o teléfono e escoitou ao seu marido gritando: "no, Marcos, no".

Ademais, relatou que, tras acoitelar a Manolán, o acusado díxolle por teléfono: "lo maté, ven aquí a limpiar la sangre. Ven a limpiar todo esto" todo "en un tono sarcástico". Ela "no daba crédito a lo que estaba escuchando" porque "nunca me esperaba hiciese eso".

A declaración de Sandra empezou pola mañá e terminou tras un receso para comer. Pola tarde tamén declarou unha amiga súa que relatou que era amiga do acusado e chegou un momento en que empezou a estar máis con é, e víaa "ilusionada", aínda que "nunca" lle dixo que tivesen unha relación sentimental ou sexual ou de parella. En todo caso, durou pouco tempo porque "el empezó a acosarla y a vigilarla". A propia amiga presenciou un día como lle dixo, por teléfono, que estaba diante de casa dos seus pais e ameazoulles con facerlle dano "a hachazos". 

O irmán do acusado, con todo, asegura que si tiveron unha relación e que el a Sandra coñeceuna como noiva do seu irmán. "Estaban como dous rapaces de 15 anos. Moi acaramelados", indicou.

Ademais, relatou que o día do crime Marcos chamouno para que fose á súa casa e, ao chegar, confesoulle: "Sandra enganoume, fun ali e chimpei ao tipo. Levame a Ponte Caldelas. Voume entregar". El non o creu. 

Tamén a irmá do falecido asegura que coñeceu esa relación e que falou co seu irmán dela. Él ya lo sabía y me dijo: yo ya le dije a ella que si se quiere ir con él, no le pondré ningún impedimento". Segundo esta testemuña, Sandra dicíalle a Manuel que Marcos lles ameazaba, pero el non sentía ameazado e aseguráballe: "a mí cuando me ve, se acobarda y baja la cabeza". 

Iso si, recoñece que en decembro de 2014, once meses antes do crime, foi vivir a casa dos meus pais unhas semanas porque "ella le dijo que tenían que irse uno o el otro porque si le encontraba juntos, les mataba".. Engade, ademais, o carácter pouco violento do seu irmán, que era "la persona más pacífica que te puedes echar a la cara".