A 'resaca' do Nadal deixa o dobre de hospitalizados por covid-19 en dez días e desborda unha UCI xa ampliada

Pontevedra
27 de xaneiro 2021

A xerencia da área sanitaria viuse obrigada a habilitar xa cinco unidades de hospitalización" nos hospitais Montecelo e Salnés para atender aos pacientes ingresados en planta e dúas unidades e media para os enfermos en UCI.  En críticos hai 21 pacientes, dos que seis xa dan negativo en coronavirus, pero "o seu estado segue sendo moi crítico"

Profesional extrae unha padiola dunha ambulancia no Hospital Montecelo de Pontevedra Mónica Patxot

Os pacientes con covid-19 hospitalizados na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés duplicouse en tan só dez días. Seguindo a tendencia detectada no resto de Galicia, nos hospitais pontevedreses hai este mércores 27 de xaneiro 134 pacientes ingresados, o dobre dos 68 que se contabilizaban o día 17. Esta situación, que se produciu como consecuencia directa do aumento de contaxios durante o Nadal, preocupa aos xestores sanitarios e levoulles a incrementar as unidades de hospitalización dedicadas a pacientes coa enfermidade. 

O domingo 17 de xaneiro había 56 pacientes en planta e 12 na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo mentres que o balance oficial deste mércores 27 recolle 118 pacientes ingresados en planta de hospitalización e 16 en UCI. 

A directora asistencial da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Sonia Fernández- Arruti, recoñece este mércores que a situación "se ha complicado en esta última semana" y tamén que "por desgracia, la prevision es de que seguirá complicándose".

Segundo explicou, para atender a estes pacientes a xerencia da área sanitaria viuse obrigada a habilitar xa cinco unidades de hospitalización nos hospitais Montecelo e Salnés para atender a todos estes pacientes. 

En canto á situación en críticos, recoñece que "no es mucho mejor" e explica que a covid-19 levou á UCI a máis pacientes dos que figuran nas estatísticas oficiais do Sergas, pois hai seis pacientes que agora mesmo xa dan negativo na proba do coronavirus, de modo que non figuran nos datos oficiais, que seguen ingresados na unidade de críticos e o seu estado "sigue siendo muy crítico".

En total, Fernández- Arruty fala de 21 pacientes en UCI este mércores e explica que, para atendelos, ampliouse a unidade e nestes momentos hai habilitadas dúas unidades e media de hospitalización UCI.

O pasado luns foi necesariotrasladar varios pacientes de Montecelo ao Hospital do Salnéspara aliviar a presión asistencial do hospital de  referenica. Respecto diso, a directora asistencial explica que, en caso necesario, todos os hospitais da rede Sergas "vamos a actuar como un único hospital" e avanza xa que "no descartamos" que haxa máis traslados entre hospitais desta área e doutras áreas sanitarias.

Ademais, Fernández- Arruty quixo aclarar que desde a xerencia dos hospitais públicos  pontevedreseses están "coordinando" co Hospital  QuirónSalud Miguel Domínguez as actividades asistenciais "para poder garantizar una buena atención a nuestros ciudadanos". Isto significa que todos os centros hospitalarios da área están no protocolo covid e traballan de forma conxunta.