Pouco podía imaxinar Paula Dapena o sábado 28 de novembro que o seu xesto ao negarse a gardar un minuto de silencio pola morte de Diego Armando Maradona tería a repercusión finalmente alcanzada. Non só deu a volta ao mundo a través de noticias nos principais xornais de varios continentes, senón que, ademais, o seu acto pasou a ser todo un símbolo da loita feminista, disparou as vendas de camisetas do seu equipo de fútbol e levou a partidos como BNG e PSOE a poñela como un exemplo para seguir.
Esta pontevedresa de 24 anos seguiu as conviccións cando ese día o seu equipo, o Viaxes Interrrías FF, desprazouse ata a a Cidade Deportiva de Abegondo, na Coruña para disputar un partido amigable co Deportivo Abanca da liga Iberdrola. Se había decidide gardar un minuto de silencio polo xogar, falecido tan só nos días antes, pero sumarse a esta homenaxe chocaba de forma frontal coas súas ideas feministas, de modo que non o dubidou un momento e, mentres o resto das persoas presentes no campo mantivéronse en pé e en silencio, ela sentou no céspede de costas.
Nunha entrevista con PontevedraViva ese mesmo día explicou que ela se negaba a gardar ese minuto de silencio "por un violador, pedófilo, putero e maltratador" e que se vía incapaz de participar nese minuto de silencio polo futbolista cando tan só tres días antes conmemorouse o Día Internacional para a Eliminación da Violencia sobre a muller sen que se adoptasen xestos similares. "Polas vítimas, non se gardou un minuto silencio; entón, obviamente, non estou disposta a gardar un minuto silencio por un maltratador e non polas vítimas", argumentou.
A imaxe do momento, unida a estas declaracións, non tardaron en viralizarse. En cuestión de horas, a noticia publicaba por PontevedraViva deu a volta ao mundo. O seu nome situouse como 'tema de tendencia' en Twitter, é dicir foi un dos temas máis comentados do domingo seguinte ao seu xesto. E pouco despois de publicarse a noticia, comezaron a facerse eco diarios deportivos como Marca, El Mundo Deportivo, Sport ou AS e a noticia saltou a xornais como El País, El Mundo, El Periódico de Catalunya ou La Voz de Galicia e a dixitais como 20 Minutos, El Confidencial, El Plural ou El Huffington Post. Radios e televisións como a SER, la COPE, Onda Cero, laSexta ou TVE seguiron os seus pasos.
A medida que a repercusión ía aumentando, a negativa da moza pontevedresa de homenaxear a Maradona polas "barbaridades que cometeu fóra do campo", segundo explicaba en PontevedraViva, chegou á prensa internacional. Xornais como Le Figaro (Francia), O Jogo (Portugal) ou Clarín e Olé (Argentina) e medios de países como Italia, Colombia, Costa Rica ou México tamén a incluíron nas súas respectivas edicións.
Paula Dapena removeu conciencias e a súa 'sentada' durante o minuto de silencio polo xogador arxentino valeulle moitos eloxios, pero tamén non poucas críticas e, desde ese mesmo día en que se publicou a noticia, empezaron a chegar as ameazas, algunhas delas moi fortes.
Segundo ela mesma explicou, recibiu ameazas de morte e insultos, ou dicirlle 'vou ir á túa casa para partirche as pernas' ou 'se vivises en Arxentina xa estarías morta'. A moza decidiu non deixarse amedrentar por esas ameazas nin tampouco parar na súa determinación feminista e, días despois, asegurou: "quedo coas mensaxes de agarimo, apoio e de ánimo" que lle mandaron.
Ademais, o seu xesto valeulle unha recepción no Concello de Pontevedra pola edil de Igualdade, Yoya Blanco, e o tenente de alcalde, Tino Fernández; o recoñecemento da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; e reunións e recoñecementos no Parlamento de Galicia cos líderes do BNG, Ana Pontón, e o PSdeG, Gonzalo Caballero.
Tamén o seu equipo quixo recoñecer o seu xesto coa entrega dunha camiseta asinada por todas as futbolistas e polo corpo técnico.Este emotivo detalle tivo lugar o sábado 13 de decembro ao comezo do partido entre o InterRías e o Vitoria FC de Santiago, no que era o primeiro encontro que disputaban despois do xa famoso xesto.