O contador da ampliación de capital do Pontevedra, en marcha

Pontevedra
09 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

O prazo dos accionistas para subscribir novas accións da entidade pechará o luns 6 de maio, tras a publicación do anuncio oficial do proceso no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil

Xunta Xeral de Accionistas do Pontevedra Club de Fútbol no Pazo da Cultura Mónica Patxot

A ampliación de capital do Pontevedra Club de Fútbol está oficialmente en marcha. Dando cumprimento ao acordo aprobado na última Xunta Xeral de Accionistas, a entidade granate publicou o pasado venres 5 de abril o anuncio pertinente no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME).

Segundo sinala o texto oficial, desde un día despois da publicación do anuncio activouse o contador do novo proceso de ampliación de capital por valor de 721.188,30 euros, mediante a emisión de 1.030.269 novas accións cun valor nominal de 0,70 euros.

Abriuse desa forma un prazo para subscribir novos títulos do Pontevedra que permanecerá un mes activo, ata o luns 6 de maio.

"Unha vez finalizado o mencionado prazo, o órgano de administración, no prazo de dous días: comprobará que os accionistas exercesen o dereito de subscrición preferente conforme ao importe que lles permitan os seus dereitos respectivos, e verificará o efectivo desembolso efectuado. No caso de que se apreciase algún defecto nos aspectos indicados anteriormente, o órgano de administración comunicará devandito extremo ao accionista afectado dentro o prazo antes indicado, para que nun novo prazo de dous días hábiles emende o defecto detectado", explica o BORME.

Desta forma o proceso poderá alongarse como máximo ata o día 10 de maio.

Cabe lembrar que tal e como recoñeceu o Consello de Administración do Pontevedra na recente xunta de accionistas, á ampliación de capital completada hai poucos meses e paralizada posteriormente no xulgado acudiron 60 accionistas e "recadamos 348.366,60 euros".