Despois dunha xornada de luns de terapia na casa granate e un martes de descanso para reflexionar, o primeiro plantel do Pontevedra volveu este mércores ao traballo concentrada no que será o seu próximo compromiso ligueiro, contra o Real Madrid Castilla, no que espera remontar o voo.
"Queremos lavar nuestra imagen y que gente vea que el Pontevedra es el de hace 15 días en Oviedo, que sacamos el partido adelante con 9", recoñece Luismi.
O técnico está a vivir unha das súas semanas máis difíciles no cargo, pero asegura que non pensa no que pode suceder no caso de perder o sábado en Madrid.
"No sé qué va a pasar en el futuro, así que es inútil pensarlo", defende volvendo ao discurso do "partido a partido", única fórmula que entende "te puede llevar al éxito".
A sesión preparatoria deste mércores, celebrada no Estadio Municipal de Pasarón, iniciouse con sesión de vídeo antes de saltar ao céspede, onde se puido ver aos xogadores "muy metidos", explica Luismi, algo que se entende porque "están fastidiados y eso hace que reacciones".
A LESIÓN DE EDU SOUSA QUEDA NUN SUSTO
A boa noticia da xornada foi a recuperación do capitán Edu Sousa, que comezou a semana a menor ritmo debido aos problemas musculares na zona isquiotibial que provocaron o seu cambio ante o Atlético B. Descartada a rotura, o gardameta exercitouse ao mesmo ritmo que os seus compañeiros e con total normalidade, polo que apunta ao once inicial no duelo contra o Castilla.
Desta forma as únicas ausencias para ese duelo serán os lesionados Campillo e Javi López, este último tras danarse o xeonllo o luns.