Este sábado ás 17:30 horas, o pavillón da Seca acolleu o segundo test de pretemporada do Poio Pescamar.
Tras empatar fronte ao actual campión de liga, o Pescados Rubén Burela, o conxunto rojillo (vestido de azul) recibiu ao Viaxes Amarelle, equipo recentemente ascendido á máxima categoría do fútbol sala feminino.
A experiencia do Poio fíxose notar nos primeiros compases do partido, obrigando ao seu rival para traballar defensivamente durante os primeiros 6 minutos nos que xa se atopaban cun parcial en contra de 3-0 grazas aos goles de Antía, Iraia e Dani Sousa.
A pesar do resultado, as herculinas non se deron por vencidas e, antes da metade do primeiro tempo, conseguiron meterse no partido co gol en propia de Clara que, tras un disparo de María Gómez, tentou rexeitar o eférico con tan mala fortuna que acabou dentro das mallas da súa propia portería.
Co 3-1 no marcador, o Amarelle seguía insistindo en ataque ata que chegou o seu segundo gol e quinto do patido. A falta de 7 minutos para que soase a bucina, Lau Doce superou a Caridad para poñer o 3-2 co que se chegou ao descanso.
Na continuación, o partido cambiou totalmente e chegou a goleada. A pesar de que o conxunto coruñés tentou buscar a igualada durante os primeiros minutos, o Poio, que levaba un partido máis de preparación ás súas costas, demostrou o seu nivel ampliando distancias co gol de Antía que puxo o 4-2 despois de regatear a dous rivais.
Chegábase á metade do segundo acto e Dani Sousa e Iraia sumábanse a Antía para confirmarse como as 3 goleadoras do partido con 2 goles cada unha, poñendo o 6-2 co que se chegou ao final do encontro.
Poio Pescamar (6): Caridad, Miriam, Julia, Ana, Antía (cinco inicial). Tamén xogaron Luci Gómez, Iraia, Carol, Dani Sousa, Clara, Agostina.
Viaxes Amarelle (2): Leti Rojo, Cris, Patri Corral, Martita, María Gómez (cinco inicial). Tamén xogaron Candela, Lau Doce, Yaiza, Sofía, Sandra, Carlita, Marta Hermo, Tami.
Goles: 1-0 Antía (min. 4); 2-0 Iraia (min. 5); 3-0 Dani Sousa (min. 6); 3-1 Clara (propia porta) (min. 9); 3-2 Lau Doce (min. 13); 4-2 Antia (min. 23); 5-2 Iraia (min. 29); 6-2 Dani Sousa (min. 32).
Árbitros e mesa: Pérez Rodríguez e Sobral Moreno e Díaz Gil, do Colexio de Árbitros de Pontevedra.