García-Alén explica a súa dimisión: "El Teucro necesita mayor dedicación de la que ahora puedo dar"

Pontevedra
02 de outubro 2019

O dirixente asegura que a súa dimisión trátase dun "pao a un lado" e que seguirá colaborando tanto el como a súa xunta directiva co que necesite o club, empezando pola xunta xestora que se  compodrá de maneira provisional. García-Alén fai un balance positivo dos seus nove anos no cargo no que o obxectivo foi "lograr el saneamiento del club"

Carlos García-Alén explica a súa dimisión como presidente do Teucro PontevedraViva

O aínda presidente da Sociedade Deportiva  Teucro, Carlos García- Alén, compareceu este mércores antes os medios de comunicación para explicar os motivos da súa dimisión, uns días despois de que transcendese a súa decisión de abandonar o cargo.

García-Alén asegura que se trata só dun "paso a un lado", xa que "aún creo que puedo hacer mucho por el Teucro". Por iso, explicou que seguirá colaborando co que necesite o club empezando pola xunta xestora que se instaurará antes da convocatoria electoral (prevista para o mes de decembro) e mesmo despois, se nas eleccións non se presenta ningunha candidatura, xa que confirmou que se se dá esa situación a actual xunta directiva seguiría á fronte a través desa fórmula.

"El Teucro necesita una mayor decicación de la que ahora puedo dar", matizou, debido a asuntos "del ámbito personal, profesional y sobre todo familiar que requieren de mi tiempo".

O dirixente explicou que a súa dimisión farase oficial na asemblea de socios prevista para o día 30 de outubro, momento no que segundo os estatutos terán dous meses para convocar eleccións. Con todo "a decisión tomeina no mes de maio", declarou, e só a petición do resto da directiva e a intención de non prexudicar a planificación da nova tempada atrasou a situación.

Carlos García-Alén: "Cuando llegamos la deuda que nos encontramos era de 1.844.000 euros y a día de hoy está en 247.000 euros"

Tras máis de nove anos como presidente teucrista, Carlos García- Alén dixo sentirse "orgulloso" das persoas que o acompañaron e tamén do logrado, reivindicando a melloría económica do club e tamén os tres anos na máxima categoría a pesar das limitacións orzamentarias. "Tenemos que felicitarnos porque cuando llegamos la deuda que nos encontramos era de 1.844.000 euros y a día de hoy está en 247.000 euros", sinalou en referencia á débeda relativa ao Concurso de Acredores..

"Mi objetivo ha sido siempre intentar lograr el saneamiento del club", reiterou ante o apoio dos seus compañeiros de xunta directiva, presentes na comparecencia do mesmo xeito que o adestrador do primeiro plantel, Luís Montes.

Diante deles o máximo responsable da entidade pontevedresa asegurou que "el Teucro es un club que va bien" e que está "camino en 4 años de sanearse", pero deixou un aviso a posibles candidatos á presidencia porque "su gestión no es fácil y no es para aventureros", sentenciou ofrecendo iso si o seu apoio se aparece algunha persoa interesada en tomar as rendas da nave do vicedecano do balonmán nacional.