Charles, un goleador de 'categoría'

Pontevedra
13 de setembro 2022

Co seu tanto o pasado domingo fronte ao Talavera, o dianteiro brasileiro do Pontevedra sumou unha marca máis ao seu palmarés, que lle levou a golear ao longo da súa traxectoria nas catro primeiras categorías do fútbol español

Charles, no partido de Primera RFEF entre Pontevedra CF e Talavera en Pasarón Mónica Patxot

Moito tempo pasou desde aquel 31 de outubro de 2004, cando nun Pontevedra-Eibar en Segunda División un novo Charles Días anotaba o seu primeiro gol en España. Facíao vestindo a camiseta dun club granate que o recrutaba desde o Feirense portugués. Era o seu primeiro tanto, pero só o inicio dunha longa e frutífera traxectoria.

Agora, case 18 anos despois e de novo na Boa Vila, o ariete brasileiro derrubou unha nova barreira. Co seu gol o pasado dimingo fronte ao Talaverapode presumir de golear nas catro principais categorías do fútbol español.

Charles anotou 6 goles naquela tempada de debut en Segunda División, chegando despois no seu seguintes cinco tempadas no Pontevedra na Segunda B outras 50 dianas só en liga, máis unha en Copa do Rei (sen contar outras citas menores ou amigables). Un rendemento maiúsculo só embazado pola espiña de non conseguir o ascenso.

Era a campaña 2010-2011 e o dianteiro facía as maletas para seguir coa súa carreira no Córdoba en Segunda División. Dúas tempadas nas que anotou 23 goles antes de cambiar de aires cara ao Almería. Chegaría aí o seu mellor ano goleador como pichichi da categoría de prata (27 goles), o que lle serviría para dar o salto á Primeira División.

Ese salto chegou ademais con regreso ás Rías Baixas, para vestir a camiseta do Celta de Vigo. En Balaídos en crack brasileiro estaría dous anos cos seus primeiros 16 goles na elite (15 en liga e un en Copa), algún deles tan lembrado como o primeiro anotado na historia do novo San Mamés de Bilbao.

Virían despois dúas tempadas en Málaga (14 tantos) e tres en Eibar (31 goles) antes de decidir volver a casa no tramo final da súa carreira.

Tras o seu regreso ao Pontevedra, e tras un ano aciago en Segunda B con 5 goles, o pasado curso en Segunda RFEF fíxose co pichichi con 19 goles, ao que sumou agora uno máis na categoría que lle faltaba, a Primeira RFEF.

Só no Pontevedra, Charles anotou xa 82 goles entre Liga e Copa, estando a só un do máximo anotador histórico nestas competición, Pablo Couto, dentro dunha traxectoria que na que acumula nin máis nin menos que 57 goles en Primeira División, 55 en Segunda, 1 en Primeira RFEF e 74 en Segunda B/Segunda RFEF, ademais de 7 tantos na Copa do Rei. Toda unha lenda.