O documental Colón Galego?, do pontevedrés Ángel Peláez, optará aos Premios Iris, tras ser seleccionado pola Academia de Televión Española como finalista en dúas categorías.
Desta forma o traballo, que recolle a teoría da orixe galega de Cristóbal Colón, optará ao galardón nas categorías de Mellor Guión e Mellor Realización.
Colón Galego? é unha produción elaborada para a Televisión de Galicia, con financiamento da Deputación e o Concello de Pontevedra, estreada o pasado mes de decembro o Sexto Edificio do Museo.
No apartado de Mellor Guión o documental de Ángel Peláez medirase ''Gran Hotel', 'El secreto de puente viejo', 'Águila roja', 'Isabel', 'Cuéntame cómo pasó' , 'Aída' e 'El Intermedio'.
Pola súa parte a Mellor Realización optan 'El Hormiguero 3.0', 'Un príncipe para Corina', 'Cuéntame cómo pasó', 'Un país para comérselo', 'Ruta Quetzal BBA 2013' e 'Torres y Reyes'.