O creador José Malvárez Carleos publica neste mes de novembro un novo traballo, que leva por título 'Scripta', unha obra na que un escritor frustrado intenta escribir unha obra mestra, que lle permita triunfar no ámbito intelectual.
A historia céntrase tamén na figura dunha lectora que intenta localiza un libro perdido do seu autor favorito. Malvárez Carleos mergúllanos a través destes dous personaxes nunha aventura literaria na que, cada día en PontevedraViva, irá descubrindo a relación que se establece entre o escritor e a lectora.
JOSÉ MALVÁREZ CARLEOS
O ilustrador coruñés formouse en Pontevedra, na escola de creadores gráficos de Kiko da Silva, O Garaxe Hermético. O seu obxectivo é manter unha continua actividade creativa e o máis destacado do seu amplo traballo artístico pode lerse a través de www.piuley.es.
Cada día publica unha páxina das súas creacións en PontevedraViva, onde podes seguir a súa evolución gráfica e argumental. Ata o momento ten publicado os siguientes títulos neste periódico dixital: 'Ela e máis el', 'Soñadores'; 'Reverso'; 'La Posada de las Historias'; 'Narrador'; 'Pura ficción'; 'Viaxe en tren'; a historia curta, 'O hórreo', 'Viaxes entre viñetas', 'Escuridade', '100 Historias', '§' e 'Diante dos teus ollos'.
Con motivo da celebración do Festival de Banda Deseñada Viñetas desde o Atlántico 2019 publicou en formato físico e dixital a través de Amazon o primeiro volume das historias de 'Narrador', que se pode adquirir a través deste enlace.