'Diante dos teus ollos', nova historia gráfica de José Malvárez
Por José Malvárez Carleos
Creada e actualizada
Creada e actualizada
José Malvárez Carleos, o autor coruñés formado en Pontevedra, presenta unha nova historia en formato de banda deseñada. Cada día, PontevedraViva publicará unha páxina de 'Diante dos teus ollos', un relato reflexivo e intimista a través de atractivas imaxes.
O argumento céntrase na historia dun mozo que intenta manter relación cunha moza malia as dificultades sociais que se van presentar e en contra da opinión dos seus compañeiros. Ámbolos protagonistas van experimentando unha evolución ao longo desta breve narración gráfica.
Desde este sábado 26 de outubro, Malvárez Carleos presenta esta orixinal aventura elaborada en lingua galega e cunha nova tonalidade de cor, unha das características principais do seu estilo visual que aporta singularidade a cada unha das súas creacións.
JOSÉ MALVÁREZ CARLEOS
O ilustrador coruñés formouse en Pontevedra, na escola de creadores gráficos de Kiko da Silva, O Garaxe Hermético. O seu obxectivo é manter unha continua actividade creativa e o máis destacado do seu amplo traballo artístico pode lerse a través de www.piuley.es.
Cada día publica unha páxina das súas creacións en PontevedraViva, onde podes seguir a súa evolución gráfica e argumental. Ata o momento ten publicado os siguientes títulos neste periódico dixital: 'Ela e máis el', 'Soñadores'; 'Reverso'; 'La Posada de las Historias'; 'Narrador'; 'Pura ficción'; 'Viaxe en tren'; a historia curta, 'O hórreo', 'Viaxes entre viñetas', 'Escuridade', '100 Historias' e '§'.
Con motivo da celebración do Festival de Banda Deseñada Viñetas desde o Atlántico 2019 publicou en formato físico e dixital a través de Amazon o primeiro volume das historias de 'Narrador', que se pode adquirir a través deste enlace.
Relacionadas:
-
'Antología del (des)amor', o novo libro de José Málvarez Carleos protagonizado por Narrador
Por Isabel Feijóo Gallardo |
-
'Na procura da creatividade' de José Malvárez Carleos, a novela gráfica sobre unha nena que busca a orixe das historias
Por José Malvárez Carleos | Creada e actualizada
-
'A derradeira viaxe' de Narrador, o protagonista das historias de José Malvárez continúa o seu periplo
Por José Malvárez Carleos | Creada e actualizada
-
'Baile de historias', a escuridade persegue os protagonistas desta nova historia gráfica de José Malvárez
Por José Malvárez Carleos | Creada e actualizada
-
'Alí onde nacen as estrelas': viaxa polo universo visual do debuxante José Malvárez Carleos
Por José Malvárez Carleos | Creada e actualizada
-
Malvárez Carleos presenta 'Scripta', a historia gráfica que narra a conexión entre unha lectora e un escritor
Por José Malvárez Carleos | Creada e actualizada
-
'§', humor filosófico a través das historias de José Malvárez Carleos
Por José Malvárez Carleos | Creada e actualizada
-
Adéntrate nas '100 Historias' que propón o autor gráfico José Malvárez Carleos
Por José Malvárez Carleos | Creada e actualizada
-
Segue esta comedia romántica do ilustrador José Malvárez Carleos: 'Ela e máis el'
Por José Malvárez Carleos | Creada e actualizada
-
O terror chega con 'Escuridade', o novo traballo gráfico de José Malvárez
Por José Malvárez Carleos | Creada e actualizada
-
'Soñadores', a loita por ser artista, unha nova novela gráfica de José Malvárez
Por José Malvárez Carleos | Creada e actualizada
-
Nova historia gráfica de José Malvárez: 'Viaxes entre viñetas'
Por José Malvárez Carleos | Creada e actualizada
-
'Narrador', unha historia de José Malvárez Carleos
Por José Malvárez Carleos | Creada e actualizada