Kaiser Chiefs e La Casa Azul, novas confirmacións para o Atlantic Fest

O Salnés
23 de marzo 2018

A banda británica Kaiser Chiefs será un dos grandes atractivos do festival que se celebrará do 22 ao 22 de xullo na Illa de Arousa. Ambos os dous grupos subirán ao escenario do Atlantic Fest o sábado 21

Kaiser Chiefs Atlantic Fest

O festival Atlantic Fest desvelou este venres o nome dunha das bandas que será reclamo principal para a edición que prepara un ano máis na Illa de Arousa, do 20 ao 22 de xullo.

Trátase de Kaiser Chiefs, formación británica (Leeds) que conquistou a escena independente británica e estadounidense desde o lanzamento do seu primeiro disco, 'Employment', co que alcanzaron un enorme éxito, vendendo tres millóns de copias e dando xa o salto aos grandes escenarios internacionais.

Publicaron seis álbums de estudo, o último, 'Stay Together', a finais de 2016, conseguiu colgar o cartel de non hai billetes na maioría de datas da súa xira.

Temas como 'Oh My God', 'I Predict a Riot', 'Ruby' ou 'Everyday I Love You Less and Less' son imprescindibles nas súas actuacións, onde Ricky Wilson contaxia a todo o público coa súa desbordante enerxía, que lle valeu para gañar, entre outros, tres premios Brit Awards e dous NME Awards.

Ademais a organización do Atlantic Fest confirmou a La Casa Azul no seu cartel, o proxecto musical de Guille Milkyway e que se atopa a piques de publicar novo  album, titulado 'La Gran Esfera', tras o éxito cultivado en anteriores discos e con temas como 'La revolución sexual', 'Superguay' ou 'Yo También', entre outros, que lle valeu para gañar un premio Goya á mellor canción.

Tanto Kaise  Chiefs como La Casa Azul subirán ao escenario da Illa de Arousa o sábado 21 de xullo, sumándose a un cartel no que xa figuraba outra gran banda internacional como The Vaccines.