Este xoves 23 presentábase no Teatro Principal unha obra de cómic de gran repercusión nas últimas décadas.
Trátase de'Cando sopra o vento' (When the Wind Blows), de Raymond Briggs, un traballo publicado nos anos da Guerra Fría, en pleno enfrontamento entre os Estados Unidos e a Unión Soviética.
O perigo de que se desencadease un ataque nuclear motivou a creación desta obra icónica.
Retranca Editora realizou o esforzo de traducir o traballo orixinal nunha edición especial en lingua galega e convértese nun punto de referencia de cara á celebración do Festival BDra Gráfica que desenvolverá o Concello de Pontevedra no mes de xuño
A presentación contou coa proxección da película homónima de animación e cun coloquio entre os ilustradores Kiko da Silva, editor de 'Cando sopra o vento', e Miguelanxo Prado sobre a relevancia do autor nado en Wimbledon e do que supuxo este cómic antibelicista principalmente nos anos 80.